Ir al contenido principal

Fisuras na vitrina . Abrindo a Sala do tesouro

Fisuras na vitrina. Abrindo a Sala do Tesouro

Mañá, venres,  29 de xaneiro, ás 20:00 h. inaugúrase esta mostra que reúne arte contemporánea e arqueoloxía, e que permanecerá aberta ata finais de abril. 

******

FISURAS NA VITRINA

ARQUEOLOXÍA + ARTE CONTEMPORÁNEA

ABRINDO A SALA DO TESOURO

Proxecto específico para o Museo Provincial de Lugo

Comisarias: Monse Cea e María Xosé Bóveda

 

Trátase dun proxecto cultural feito arredor da antiga colección de ourivería Gil Varela –na súa maioría composta por pezas senlleiras na prehistoria galega– xunto coa escolla da obras de 14 artistas- galegos e galegas na súa inmensa maioría: Xoán Anleo, Mónica Alonso, Nilo Arias, Fernando Baena, Mónica Cabo, Ana DMatos, Amaya González Reyes, Xurxo Oro Claro, Laura Piñeiro, Santi Jiménez, Rubén Santiago, Mauro Trastoy, Jorge Varela e Manuel Vidal.

Como é ben sabido, nos inicios da arte contemporánea, o descubrimento tanto dos artefactos das culturas prehistóricas coetáneas, como da posta en valor dos obxectos que foron achados pola actividade arqueolóxica, pertencentes ao noso pasado remoto foron fundamentais para inaugurar un novo xeito de facer arte. Ademais, andando no tempo, a metodoloxía arqueolóxica e o seu modo non taxonómico de entender a historia, serán poetizados pola arte conceptual –dende os anos setenta no s.XX–, regalándonos grandes obras baseadas en achados arqueolóxicos concretos.

Recollendo esta longa tradición como referente ineludible, e unidas tamén pola teoría feminista á hora de percibir cadansúa disciplina, a comisaria de exposicións Monse Cea, e a arqueóloga María Xosé Bóveda, crean este proxecto o pasado ano.

A proposta expositiva completarase con actividades realizadas en colaboración coa área de didáctica do Museo Provincial de Lugo, como obradoiros para tódolos públicos, un foro pecha kutcha –que sumará as miradas da arte contemporánea, arqueoloxía, ourivería e deseño de adorno personal, sobre a colección Gil Varela–, unha work shop da artista Ana de Matos, unha trenla de actividades para realizar nas plataformas dixitáis do ciclo web e facebook…

información, aquí

 

 

Comentarios

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h  ...

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación...