Fisuras na vitrina. Abrindo a Sala do Tesouro Mañá, venres, 29 de xaneiro, ás 20:00 h . inaugúrase esta mostra que reúne arte contemporánea e arqueoloxía, e que permanecerá aberta ata finais de abril. ****** FISURAS NA VITRINA ARQUEOLOXÍA + ARTE CONTEMPORÁNEA ABRINDO A SALA DO TESOURO Proxecto específico para o Museo Provincial de Lugo Comisarias : Monse Cea e María Xosé Bóveda Trátase dun proxecto cultural feito arredor da antiga colección de ourivería Gil Varela –na súa maioría composta por pezas senlleiras na prehistoria galega– xunto coa escolla da obras de 14 artistas- galegos e galegas na súa inmensa maioría: Xoán Anleo, Mónica Alonso, Nilo Arias, Fernando Baena, Mónica Cabo, Ana DMatos, Amaya González Reyes, Xurxo Oro Claro, Laura Piñeiro, Santi Jiménez, Rubén Santiago, Mauro Trastoy, Jorge Varela e Manuel Vidal. Como é ben sabido, nos inicios da arte contemporánea, o descubrimento tanto dos artefactos das culturas prehistóricas coetáneas, com...