Ir al contenido principal

A REDEMUSEISTICA - PROGRAMA PAISAXES CULTURAIS COORDINACIÓN ENCARNA LAGO

OS MUSEOS DA REDE MUSEÍSTICA E AS PAISAXES CULTURAIS ASOCIADAS

 

 

Para o ano 2016, o ICOM (Consello Internacional de Museos) escolleu o lema MUSEOS E PAISAXES CULTURAIS para a celebración do o Día Internacional dos Museos. O obxectivo é poñer de manifesto a responsabilidade dos museos coa paisaxe da que forman parte,  xa que unha das súas misións é velar polo patrimonio, estea este dentro ou fóra  dos seus muros.   

Resaltar o lazo existente entre os museos e o patrimonio cultural é promover a idea de que os museos tamén funcionan como centro territorial nunha protección activa da paisaxe cultural. Responsable tamén da paisaxe que o rodea, o museo ten igualmente a misión de protexer e conservar o patrimonio ambiental co fin de favorecer un desenvolvemento respectuoso. 

Un museo responsable da paisaxe asume, ao mesmo tempo, o seu papel de centro de interpretación do patrimonio e do territorio, promovendo o seu coñecemento e sensibilizando aos seus habitantes e aos que o visitan nos seus valores constitutivos, solicitándolles a súa intervención para a conservación e difusión. 

Neste senso, a Rede Museística da Deputación de Lugo, de acordo con esta filosofía de dar a coñecer e poñer en valor as nosas paisaxes culturais, confecciona un programa de actividades que se irá desenvolvendo ao longo do ano 2016. 

 

ROTEIROS POR ESTACIÓNS

A primeira destas actividades son os ROTEIROS POR ESTACIÓNS que, de museo a museo e de estación en estación, permitirán contemplar varios exemplos do noso patrimonio ambiental e cultural, en moitos casos  descoñecido e desvalorizado. Estes roteiros vanse desenvolver ao longo do ano 2016, no inverno, na primaveira, no verán e no outono.

Así, o martes día 22, vai ter lugar o roteiro de  Museo Fortaleza de San Paio de Narla (Friol) ao Museo Provincial do Mar (San Cibrao-Cervo). O sábado día 26 terá lugar o roteiro dende o Museo Fortaleza de San Paio de Narla (Friol) ao Museo Pazo de Tor (Monforte de Lemos), mentres que o domingo día 27, os visitantes realizarán o percorrido á inversa, sendo o roteiro dende Tor a Narla. 

 

FOTOGRAFÍA A CEGAS III

A segunda actividade organizada pola Rede Museística da Deputación de Lugo é FOTOGRAFÍA A CEGAS III, actividade dirixida á integración activa das persoas cegas. Nesta nova edición preténdese un diálogo coa contorna e o contexto dos Museos que integran a Rede.

 

COORDINACIÓN-MEDIACIÓN  E ACCESIBILIDADE TÉCNICA: Encarna Lago. 

ARTISTAS FOTÓGRAFOS: Iago Eireos, Xosé Reigosa, Antonio Fernández, Germán Limeres.

VÍDEO: Enrique Lamas

PERSOAL DA REDE QUE COLABORA NA MEDIACIÓN E GUIADO: Francisca Abuín, Ana Ferro, Jesús González, Raquel Guerrero, Ana Covadonga López-Boado, Tar López, Silvia Fiallega, Miguel Cuba, Omar Luaces, Juan Ignacio Márquez, Ángeles Miguélez e Amelia Pernas.

 

FOTÓGRAFOS CEGOS:

1-Pilar Yáñez

2-Eladio Fernández

3-Ana Varela

4-Antonio González

5-Manuel Díaz

6-Manuel Paz

7-Norma López

8-Nieves Gayoso

9-Isabel Rego

10-Antonio Álvarez

11-Pedro Souto

12-Asunción Suárez

13-Juan Ramón Salido

14-Fina López

15-Ángeles Miguélez

16-Trinidad Canosa

 

A terceira edición de ‘Fotografía a Cegas’ afiánzase. Fotógrafos cegos, sen andrómena, con cámaras fotográficas na man, evidenciaron a súa capacidade creativa e o seu afán de superación. Ao longo das últimas edicións quedaron patentes os resultados, amosando o proveito adquirido nunha actividade tan pouco usual como insubstutíble, a vontade e a capacidade de derrubar barreiras coa curiosidade e o empuxe persoal desde a experimentación fotográfica. 

Nesta nova edición o obxectivo prioritario a acadar é a necesidade de diálogo coa contorna e o contexto do Museo, a paisaxe cultural, mantendo a liña de actuación que o ICOM escolleu como lema para o Día Internacional dos Museos 2016: Museos e Paisaxes Culturais. 

Respecto diso, A Rede Museística de Lugo propón desenvolver esta terceira edición de ‘Fotografía a Cegas’ reflexionando sobre a paisaxe cultural, que neste caso cohabita co contexto histórico, etnográfico e natural dos catro Museos da Rede. A tal fin prográmanse unha serie de obradoiros cunha ruta marcada ao longo de toda a provincia de Lugo, con actividades ideadas para descubrir e interpretar unha paisaxe desde os condicionantes e iniciativas dos propios participantes.

 

• DÍA 28 DE DECEMBRO DE 2015: RUTA MUSEO PROVINCIAL DE LUGO-PEDRAFITA DO CEBREIRO

Partimos dunha singular selección de pezas da colección do Museo Provincial de Lugo, as maquetas de arquitectura popular lucense que atopamos no refectorio. Estas maquetas sérvennos de pauta para iniciar un percorrido que nos dirixe ao Camiño de Santiago. O primeiro paso descritivo parte desde o percorrido arquitectónico do Camiño Francés, sendo as pallozas de Pedrafita do Cebreiro o nexo de unión entre as maquetas da colección do Museo Provincial de Lugo, a interacción táctil co obxectivo arquitectónico dará pé ao percorrido fotográfico e xeométrico.

 

• DÍA 29 DE DECEMBRO DE 2015: RUTA SAN PAIO DE NARLA - COVA DA SERPE

A Fortaleza de San Paio de Narla ten unha estreita relación coa Cova da Serpe. A ruta proposta contempla a visita á Fortaleza coa intención de percorrer e profundar na colección, analizando o contexto histórico da comarca como introdución á romántica lenda de Catarina de Santiso. O punto final, un encontro entre a fantasía e a realidade, polo que o obradoiro propón valerse da alegoría e da imaxinación como fórmula creativa e ferramenta narrativa. A fotografía ficticia achega a pauta para seguir.   

 

• DÍA 7 DE XANEIRO DE 2016: RUTA MUSEO DO MAR DE SAN CIBRAO - LITORAL DA MARIÑA

Visitar o Museo do Mar da Rede Museística de Lugo supón entrar de pleno na historia e o espírito colectivo do pobo de San Cibrao, lembrar como se formou a ampla colección do Museo grazas ás achegas individuais dos seus veciños. Así se inicia a ruta, coa exploración de pezas singulares que nos trasladan directamente ás profundidades do mar, aos oficios tradicionais ou ao litoral da mariñao, utilizando a fotografía como iteración e precepto de comunicación social desde a conversación e o rexistro espontáneo.   

 

• DÍA 8 DE XANEIRO DE 2016: RUTA PAZO DE TOR - VAL DE LEMOS

Visitar o Pazo de Tor trasládanos a unha viaxe no tempo ata ao século XIV. As coleccións do Pazo permítennos experimentar unha teatralidade propia do momento histórico do Pazo. O  labirinto dos xardíns do Pazo de Tor vai ser o protagonista do obradoiro proposto. Ante un contexto de cegueira búscase acentuar os sentidos para percibir o que aparentemente está presente, ou polo contrario, o que non percibimos ante o artificio, a capacidade de evidenciar o sutil ou ocultar o obvio.

 

 

EXPOSICIÓN “INHERENTES. Personaxes, lugares e outras herbas.” Tamara Wassaf e Luciana Rago.

 




Comentarios

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h  ...

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación...