Ir al contenido principal

OBRADOIRO DE ARTE PARA BEBÉS NAIS E PAIS NA REDEMUSEÍSTICA

ASI O FACEMOS: Obradoiros de arte para bebés e nais/pais
Temporización
1. Introdución: Dar a benvida, explicar aos pais/nais que.... imos facer un percorrido por algunhas obras do museo dun xeito atractivo para os bebés, con elementos tactis, sonoros e visuais que evocan as sensacións das obras. Despois os bebés poderán experimentar con pinturas, ceras...
2. Poñer música inicial:
https://www.youtube.com/watch?v=6OMgfZjpHR0 (dura 4 minutos)
https://www.youtube.com/watch?v=3c9GrUFYEqI (dura 9 minutos)
3. Seguir explicando a actividade: Tratamos de propor novas formas de achegamento á arte e ás experiencias creativas desde os primeiros anos de vida ao tempo que damos alternativas culturais e creativas aos pais con fillos pequenos. Queremos ser unha canle para a experimentación e a interpretación do patrimonio desde unha perspectiva diferente: hoxe a nosa perspectiva é a dos máis cativos. Ademáis os materiais que usamos aquí hoxe poden dar ideas aos pais para crear xoguetes multisensorias na casa e que os pequenos continúen explorando.
Primeiro imos facer unha visita adaptada aos bebés, na que veremos algunhas obras do museo de xeito atractivo para os pequenos, con elementos ao seu alcance cos que poden interactuar para entrar nos nosos cadros e xogar coas nosas esculturas mergullándose no mundo creado por artistas de diferentes épocas.
Á volta desta visita tan especial, voltaremos aquí e deixaremos que os pequenos coñezan, toquen, sintan os materiais artísticos para que empecen a experimentar con eles: colorar, mesturar cores, moldear...todo iso farémolo dentro duns intres, pero primeiro imos botar unha ollada ás obras que nos agardan no primeira planta.
(levamos 5 minutos aprox.)
4. Inicar a visita: unha vez na primeira planta veremos 9 obras por esta orde:
- Mariña cunha Boia (Eliseo Muifrén) – Retrato de señora con vestido azul - Mercado (J. Cruz Herrera) - Torso alado- Paisaxe de Betanzos (Francisco Llorens) – Peixe (Nespereira) - Borrego (Antonio Fernández)- Céltico I (Patiño)– Agol (Maruja Mallo)
- Mariña cunha Boia (Eliseo Meifren) Para evocar a paisaxe mariña do cadro os botes sensorias e os elementos tactis como as teas con varias texturas conteñen elementos relacionados cos diferentes matices da auga, co mar e cos seus habitantes sen esquecer a repentina explosión de cor da boia encarnada que ocupa o centro do cadro chamando a nosa atención. Os pequenos poden “mergullarese ” neste mar de sensacións cos mateirais que atoparán enfronte do cadro. (Deixamos que os bebés boten un ollo aos materiais durante un tempo breve)
- En Retrato de señora con vestido azul os nenos atopan a deconstrucción dos elementos que resaltan na composicion: as teas de diferentes texturas e o acolchado reproducen os elegantes tecidos que o autor do cadro nos presenta. Os botes sensoriais con avalorios ocupan o lugar das xoias que luce a retratada. (Presentamos os materiais e deixamos que os pequenos se acheguen por uns momentos)
- O Mercado (J. Cruz Herrera) o tacto dalgúns dos animais presentes na obra e o colorido do ambiente quedan ao alcance dos nenos cos elementos tactis que lles permiten experimentar o tacto dos coellos, ovellas e aves que asoman nos brazos dos protagonistas do cadro. (Amosamos os materiais e agardamos que os pequenos poidan interactuar cos materiais)
(levamos 15 minutos aprox.)
(Desplazámonos a ARTE GALEGA CONTEMPORÁNEA)
- O autor de Torso alado xoga coas texturas da arxila para ofrecer un aspecto orixinal que complementa as formas sinuosas da escultura. Para os pequenos, unha reprodución coa forma do Torso alado e con elementos de tactos moi diversos permite experimentar novas texturas. (Deixamos un breve tempo de interacción coa reproducción)
- A Paisaxe de Betanzos (Francisco Llorens) amósanos unha harmoniosa gradación de tons que nos evoca as inconfundibles cores e a luminosidade da costa galega. Os bebés pódense innundar destas mesmas sensacións cromáticas coas teas e os tubiños e sacos sensoriais. (Tempo de interacción para os pequenos)
- O Peixe de Nespereira preséntanos unha reinterpretación deste animal desde unha perspectiva futurista e postindustrial grazas a combinación de formas, texturas e relevos. Os nenos teñen ao seu alcance pequenos peixes con diferentes texturas, formas e relevos. (Permitimos que os pequenos toquen as reproducións)
- (levamos 25 minutos aprox.)
- Un Borrego é o protagonista desta obra de Antonio Fernández, para que os pequenos sintan de preto a tan orixinal protagonista temos reproduccións tactis que os farán sentir a suavidade deste animal. (Interacción)
- En Céltico I, Raimundo Patiño xoga coas cores e as liñas que parecen mesturarse caoticamente, pero que debuxan figuras misteriosas. Os botes e os sacos sensorias reproducen este estoupido de cores para os nosos pequenos. (Interacción)
- Agol (Maruja Mallo) As liñas curvas e as espirais compoñen un singular debuxo no que as cores suaves se acoplan perfectamente. Os bebés poden experimentar a suavidade das texturas na reproducción do cadro. Antes de voltar á planta baixa e comezar a experimentar Imos probar tamén a seguir as liñas do debuxo de Agol movendo os brazos e o corpo dos pequenos. (Mentres o facemos usamos as pompas de xabón durante un par de minutos)
- Imos voltar á planta baixa para que os pequenos poidan disfrutar con calma das reproduccións sensoriais dos cadros mentres escoitan música adecuada e para que poidan tamén usar pinturas e masilla. (As rapazas da cruz vermella poden levar para abaixo os materiais que xa viron os nenos nos cadros que se foron vendo)
VOLTA Á PLANTA BAIXA
- (levamos 35 minutos aprox.)
5. De volta ao refectorio poñemos música:
https://www.youtube.com/watch?v=Wm15rvkifPc
6. Facemos a presentación do recuncho multisensorial: temos un espazo con colchonetas dividido en áreas temáticas que evocan as obras que fumos vendo. Lembrar que cada área está adicada a unha das obras e os obxectos que hai nelas son para evocar as sensacións que nos produciron as obras: o tacto, a luz/cor, sons…
Hai botes e saquiños sensoriais, teas, alfombras tactis e tamén plumas: ollo coas plumas que están preparadas para que sexan os papás os que as usen rozando a pel dos peques, os máis pequenos non deberían collelas sós, pero poden sentir o tacto das aves, recordando o cadro de O Mercado que vimos antes.
Os pais poderán levar aos bebés por tódalas áreas con calma para que experimenten cada obra.
7. Imos pornos mans a obra puco a pouco. Mentres algúns peques experimentan no recuncho sensorial, comezaremos co espazo de creación. Imos explicar que materiais temos e como os imos usar: temos un papel extendido no chan, hai ceras de gran tamaño, pintura de mans, esponxas e tamén masilla. Pódense usar libremente coa axuda dos pais/nais: a pintura de mans, que non é tóxica podese aplicar nas mans dos bebés ou nos seus pés con pincel, tamé se poden umedecer esponxas con ela e pasarlla aos peques.
A masilla pódese usar para que os pequenos deixen a súa pegada coa man ou o pé, os papás poderán decorar e endurecer a masilla co spray e as pinturas que tempos a disposición.
- (levamos 40 minutos aprox.)
8. Temos uns 15 minutos para experimentar cos pequenos, os papás/mamás poden elixir unha zona de papel para que o pequeño vaia probando as ceras e as pinturas, cada nai/pai pode aportar algo tamén e vai levarse un cachiño da obra colectiva á casa. Os últimos 5/10 minutos adicamolos a limpar aos peques coas toalliñas húmidas e o papel e repartir as obras.
9. Animamos aos pais/nais a que axuden a decorar sobre todo a masilla/plastilina, poden rematar a obra máis tarde e fixala eles mesmos na casa con laca de uñas...
(cando levemos 50 minutos aprox. anunciamos a fin da actividade)
10. Remate da actividade e reparto da obra: pódese recortar unha parte do papel para cada bebé e dar a plastilina aos papás/mamás. Na casa poden rematar e perfeccionar a súa obra, incluso usándoa como collage con fotos dos peques..etc. Durante a actividade faremos fotos ás que os pais/nais terán acceso en internet.

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h  ...

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación...