Ir al contenido principal

DIA ONCE ENCARNA LAGO IMPARTIRÁ UN OBRADOIRO DE ARTE PARA BEBÉS PAIS/NAIS NA REDE MUSEÍSTICA CONTARÁ COA COLABORACIÓN DE NEREA CIRUELOS , TANIA ALEXANDRA VAZ , TANIA MARTINEZ DE ALBURQUERQUE E PAULA ROZAS .

Obradoiros de arte para bebés e nais/pais

XUSTIFICACIÓN
No museo abrimos ás portas aos bebés e aos seus “maiores” para que empecen a experimentar novas sensacións relacionadas coa arte e a creatividade.
OBXECTIVOS
  • Propor novas formas de achegamento á arte e ás experiencias creativas dende os primeiros anos de vida
  • Proporcionar alternativas culturais e creativas aos pais con fillos de curta idade
  • Promover a experimentación e a interpretación do patrimonio dende unha perspectiva diferente.
DESENVOLVEMENTO
Tras unha breve acercamento a varias obras inspiradoras que sirvan de punto de partida para propostas creativas as nais/os pais cos seus bebés disporán dun recuncho multisensorial para experimentar e interpretar a arte de primeira man.
Obras: ESCULTURAS: Mariñeiros na Brega, Peixe, Torso alado e PINTURAS: O Mercado, Borrego, Paisaxe de Betanzos, Mariña cunha boia, Céltico e “Agoi”.
Recuncho multisensorial:
(Xa o podo deixar preparado eu) Cubrir un espazo con material plástico ou de tecido resistente para que os bebés poidan sentarse no chan. Distribuír fotos das obras mencioadas en grupos:
  1. Mariñeiros na Brega (Juan Puchades) + Peixe (Nespereira)
Panel táctil que recrea a rugosidade das obras e o seu significado (tactos de lixa, estropaxo, esponxa, metal, son do mar, caracolas/cunchas…). Efectos de luz no metal…
  1. Mercado (J. Cruz Herrera) + Borrego (Antonio Fernández)
Botes sensorias, texturas, música, alimentos, luces que evoquen os animais presentes na obra, o ambiente.
  1. Céltico I (Raimundo Patiño) + Agol (Maruja Mallo)
Seguindo as liñas e as pinceladas moveranse os brazos e o corpo dos pequenos para que traballen a psicomotricidade. Ao mesmo tempo faranse pompas de xabón.
  1. Paisaxe de Betanzos (Francisco Florens) + Mariña cunha Boia (Eliseo Muifrén)
Espazo de creación:
Cubrir o espazo que quede libre con papel de rollo e distribuir material de pintura por áreas para que cada bebé poda comezar a usalo coa guía dos pais.
Deixar pedazos de plastilina máis tarde para que os bebés impriman as súas máns/ pés…


METODOLOXÍA:
  • Materiais:
    • Rincóns de percecpión de obras de arte multisensoriais
Material plástico ou de tecido resistente para que os bebés poidan sentarse no chan.
Botes sensoriais: 10 botes de plástico; recheo para 5 botes.
Bolsas sensoriais: 1 paquete de bolsas para conxelar. Gomina para o pelo para encher 6 bolsas.
3 ou 4 linternas (ou calquera outro obxecto apto para bebés con luz)
Como mínimo 5 Retais de tea azul, branca, verde e outras cores.
2 botes de pompas de xabón.
(Outros materiais adicionais xa están na aula de didáctica)
  • Espazo de creación
Material plástico ou de tecido resistente para que os bebés poidan sentarse no chan.
Ceras 3D (ceras de cor con formas: esfera…)
Pintura para mans
Toalliñas húmidas/ rollo de papel.
(Outros materiais que están na aula: plastilina )
  • Temporización
  1. Introdución: Explicar aos pais que imos facer un percorrido por algunhas obras do museo dun xeito atractivo para os bebés, con elementos tactis, sonoros e visuais que evocan as sensacións das obras. Despois os bebés poderán experimentar con pinturas, ceras…As obras que se usarán serán:
ESCULTURAS: Mariñeiros na Brega, Peixe, Torso alado e
PINTURAS: O Mercado, Borrego, Paisaxe de Betanzos, Mariña cunha boia, Céltico e Agoi. (Pódense ensinar fotos ou Power Point coas obras)
**(Opcional e só se é un problema levar a moitos pequenos: levar ao pais e aos bebés a ver as obras mencioadas, na primeira planta)


  1. Presentación do recuncho multisensorial: espazo con áreas temáticas que evocan as obras fotografadas. Explicar aos pais que cada área está adicada a unha ou varias obras e os obxectos que hai nelas son para evocar as sensacións que nos producen as obras: o tacto, o gusto, a luz/cor, sons…


  1. Os pais levarán aos bebés por tódalas áreas para que experimenten cada obra.


  1. Avisarase aos pais de que se comezará co espazo de creación e se colocarán os materiais (papel extendido no chan, a continuación poñer ceras 3D, pintura de mans, tizas húmidas repartidas polo papel )


  1. Pedir aos pais que elixan unha zona para que o pequeño vaia probando as ceras, que as pinturas para mans se poden usar tamén cos pés…etc Cada nai/pai pode aportar algo e levarse un cachiño da obra colectiva.


  1. ** Se hai tempo pódese repartir cachiños de plastilina para que os pequenos deixen pegadas coa man, pés… despois usarase fixador para que queden estables, os pais poden axudar e decorar a plastilina e rematar a obra máis tarde.


  1. Remate da actividade e reparto da obra: pódese recortar unha parte do papel para cada bebé.


Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h  ...

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación...