A Rede Museística da Deputación de Lugo foi convidada a participar, por terceira vez, no IV Congreso de Software Libre, evento que se vai celebrar no Centro de Nuevas Tecnologías de Galicia en Santiago de Compostela. Con este motivo, O xoves dia 2, ás 19:30 horas demo unha conferencia sobre o Uso de Software Libre na Rede Museística Provincial de Lugo, participamos eu Encarna Lago González, Juan Ignacio Marquez Barros e Ángel Arcay Barral,
Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo. Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra , por Cándido Pazó Visita guiada 16:00 h: Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ” Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h Haberá agasallos para as persoas visitantes que se acheguen ao museo nesta data. Botella ao mar De 18:00 a 20:00 h: Obradoiro literario a cargo de Paco Rivas . Todas as mensaxe