Organizados pola Rede Museística Provincial, o vindeiro luns, día 27, ás 20:30 horas, na praza dos Fillos de Antón de Marcos, terá lugar unha nova sesión dosCONCERTOS FLORAIS NOS XARDÍNS DO MUSEO PROVINCIAL DE LUGO, actividade que se celebra durante varios luns dos meses de xullo e agosto. Esta terceira sesión estará a cargo do grupo LUCUS ENSEMBLE, cun repertorio con temas de Bela Bartok, Brahms ou Piazzola entre outros.
A entrada a este acto é libre e gratuita.