Para mín é un pracer ser convidada para dar voz ao seu comunicado
COMUNICADO DA FUNDACIÓN SECRETARIADO XITANO -
8 de abril – Día Internacional do Pobo Xitano
Un día para a celebración, o recoñecemento e a
reivindicación
Un ano máis, o 8 de abril de 2015, conmemoramos o Día Internacional do Pobo Xitano. Esta data recorda
o congreso xitano celebrado o mesmo día de 1971 en Londres no que se instituíu a bandeira e o himno
xitanos.
É, polo tanto, un día de celebración para o pobo xitano, pero tamén debe selo para o conxunto da
sociedade. A data do Día Internacional do Pobo Xitano supón unha boa oportunidade para facer máis
visible a causa xitana, un motivo de celebración conxunto que mostra a unidade e a diversidade dos
xitanos e xitanas de todo o mundo como parte das súas respectivas sociedades.