Bos e invernais días desde Lugo. Hoxe queremos convidarvos a que coñezades a obra sobre a que xirará a edición 2015 de Olladas dentro do proxecto A Arte de Ser Muller nun mundo por compartir 5.0. Trátase de "A miña familia" de Julia Minguillón, unha pintura que podedes ver en vivo e en directo no Museo Provincial de Lugo. Trátase de facer unha reinterpretación do modelo de familia tradicional. Qué opinades vosoutros?
Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo. Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra , por Cándido Pazó Visita guiada 16:00 h: Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ” Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h ...