Ir al contenido principal

Rede Museística de Lugo organiza : II CONGRESO DE XENERO MUSEOS ARTE E MIGRACION


II Congreso de Xénero, Museos, Arte e Migración
O xoves, 22 de xaneiro de 2015, presentouse no MPLugo o “II Congreso de Xénero, Musesos, Arte e Migración” nun acto no que interviron Mario Outeiro Iglesias, deputado delegado da Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, Encarna Lago, coordinadora do proxecto e xerente da Rede Museística, Pilar Sánchez Monje, coordinadora do proxecto, Paula Cabaleiro, directora do Festival de Miradas de Mulleres e Aurelia Balseiro, directora do MPlugo.
II CONGRESO XÉNERO, MUSEOS, ARTE E MIGRACIÓN
6-7-8 marzo 2015 – Rede Museística Provincial de Lugo
Nos días 11,12 e 13 de outubro de 2013 realizouse, no marco da Rede Museística Provincial o I Congreso Xénero, Museos e Arte. O rotundo éxito acadado, con acreditacións e comunicacións, o amplo seguimento a través das redes sociais, pero sobre todo o convencemento no labor de compromiso social que a Rede Museística vén desenvolvendo, impúlsannos a levar a cabo este segundo congreso, no que se engade, como piar necesario, a Migración.
Tras comezar coa exposición na pasada edición, dos estudos de xénero, estimulados polo movemento feminista, moi activo desde o último terzo do século XX, nesta ocasión propoñemos liñas de traballo en torno á presenza da muller nos museos e coleccións, dirixindo e participando de proxectos artísticos, así como afondando nos aspectos de xénero que aparecen nas migracións e a súa interculturalidade.
Con estes bloques como vías a percorrer, este Congreso proxéctase cun carácter activo e contemporáneo, onde poñente e participante se sitúan na mesma plataforma e contribúen nos contidos dos eixos de diálogo de cada bloque.
No primeira sesión, Xénero e Museos, comezaremos analizando de que maneira está presente a muller nas coleccións de arte galegas e estatais, o seu papel na universidade, e o compromiso de ser institucións para todos e todas.
A muller artista é protagonista na segunda sesión, Xénero e Arte, onde se porá de manifesto a capacidade de difusión do seu traballo a través do Festival Miradas de Mulleres. Será interesante coñecer de que forma se salvan ás dificultades que ofrece o mercado da arte e cómo a experiencia artística amosa a pegada do pensamento feminista.
E por último, en Xénero e Migración, falaremos da muller migrante, que características culturais leva consigo, os programas de integración e de transmisión cultural, e contaremos co relato das propias protagonistas.
Este Congreso ten o espírito de derrubar barreiras. Primeiro, resgando a liña que separa conferenciante/asistente, a través de exposicións dinámicas e dialogadas. Segundo, fomentamos unha participación máis directa, utilizando as TIC e os audiovisuais para que todo estudo, comunicación, reflexións de todos aqueles interesados nestas liñas de traballo, poidan estar presentes na propia voz dos seus autores, non importa onde se atopen.
Por último, destacar que é unha realidade para toda administración pública a obriga de manifestar e promover políticas de igualdade entre homes e mulleres. Este seminario quere apuntalar esta liña de actuación desde unha perspectiva integradora, facéndoo nun espazo aberto á exposición de experiencias e modelos arredor do xénero nos eidos artístico, educativo e social.
O II Congreso de Xénero, Museos, Arte e Migración celebrarase en Lugo e no marco dos Museos da Rede Museística Provincial de Lugo (Galicia, España) os días 6, 7 e 8 de marzo de 2015.
Cada bloque temático organízase en diálogos abertos tal e como se expoñen no programa.

ORGANIZACIÓN E ENTIDADES COLABORADORAS
Este Congreso está organizado pola Rede Museística Provincial de Lugo e conta coa colaboración de distintas institucións museísticas de calado como ICOM España, Museo de León, Profesionales de la Museología Social Española, Museo Maritim de Barcelona, Museo de Arte Contemporánea de León (MUSAC), Fundación Jiménez-Arellano da Universidade de Valladolid, Museo Thyssen-Bornemisza, Museo Arqueolóxico de Cacabelos; así como plataformas de investigación, exhibición e difusión como o Observatorio de educación patrimonial en España, Festival Miradas de Mujeres, Píkara Magazine, Isköo espazo multidisciplinar, Mujeres de las Artes Visuales (MAV) e o Observatorio da Mariña pola Igualdade.
Conta, igualmente, co patrocinio científico das Universidades de Zaragoza co Máster en Museos: Educación e Comunicación, Valladolid, Santiago de Compostela, A Coruña, Vigo, Universidade Complutense e Universidade Autónoma de Madrid.
O Museo Provincial de Lugo encargarase das inscricións e certificados de asistencia.

ESTRUTURA E TEMÁTICA
O Congreso está estruturado en tres bloques temáticos: Xénero e Museos, Xénero e Arte e Xénero e Migración. Cada día do congreso corresponde un destes bloques.

_____1.º BLOQUE: XÉNERO E MUSEOS
Neste apartado afondaremos na presenza da muller desde en museos e coleccións de arte, tanto en Galicia como en España, en institucións públicas e privadas. Será interesante reflexionar sobre a forma na que a cuestión de xénero está presente no deseño dos seus programas e proxectos. Amosaremos modelos de actuación para xestionar con e para todos e todas, dunha maneira responsable e comprometida coa sociedade. Non podemos deixar de lado, neste bloque o que a Universidade pode ofrecernos, desde os seus estudos de xénero e cos seus exemplos de planeamento cultural dirixido por mulleres.

_____2.º BLOQUE: XÉNERO E ARTE
Esta segunda sesión versará sobre a posición que a muller artista afronta no mercado da arte, cales son as ferramentas que utiliza para superar as barreiras de xénero, e cómo se saca o veo da invisibilidade e da indefinición que a propia realidade lle impón. Amosaremos cómo o traballo do Festival Miradas de Mulleres impulsou a exhibición da representación artística en feminino, e compartiremos os proxectos de diversas artistas plásticas que xiran en torno a cuestión de xénero .

_____3.º BLOQUE: XÉNERO E MIGRACIÓN
Facemos neste terceiro bloque unha ampliación sobre o congreso anterior. Incluímos a migración como tema transcendente para falar de xénero como unha realidade social patente nas nosas comunidades. E falamos de migración como representación tanto das que chegan e como das que saen. Neste punto navegaremos polas circunstancias que marcan a integración, polos proxectos que traballan coa interculturalidade, e como a muller é transmisora da identidade cultural da súa orixe ao tempo que recolle esta do territorio de acollida

COMUNICACIÓNS
Pódense enviar vídeo-comunicacións que acompañen estes debates, realizando gravacións en vídeo que non superen os 5 min.
Nota: En poucos días teremos á súa disposición unha miniweb co formulario correspondente.

INSCRICIÓNS
Para inscribirse ao Congreso (50 prazas) debe completar o formulario no apartado correspondente.
Nota: En poucos días teremos á súa disposición unha miniweb co formulario correspondente.
Para consultar dúbidas dirixirse a:
Rede Museística da Deputación de Lugo (Museo Provincial de Lugo)
Praza da Soidade S/n – 270001 Lugo
xerencia-redemuseos@deputacionlugo.org / comunicacion.congresogmam@gmail.com
Tfno.: 982 242112

Enlaces de interese:
PROGRAMA II Congreso de Xénero

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h  ...

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación...