Ir al contenido principal

II CONGRESO XÉNERO, MUSEOS, ARTE E MIGRACIÓN Por segunda vez a Rede Museística e Lugo escollidos como Sede

II CONGRESO XÉNERO, MUSEOS, ARTE E MIGRACIÓN
Por segunda vez a Rede Museística e Lugo escollidos como Sede 
II Congreso Xénero, Museos, Arte e Migración terá lugar os días 6, 7 e 8 de marzo de 2015 nas diferentes sedes da Rede Museistica Provincial de Lugo. Cada un dos días corresponde a un dos bloques temáticos nos que se artella o encontro: Xénero e MuseosXénero e Arte, e Xénero e Migración.
O rotundo éxito acadado na anterior edición, con acreditacións e comunicacións chegadas de todas partes do Estado, o amplo seguimento a través das redes sociais, pero sobre todo polo convencemento no labor de compromiso social que a Rede museística vén desenvolvendo, impulsan a esta institución  a levar a cabo  este segundo congreso, no que se engade, como piar  necesario, a Migración.
As características especiais deste Congreso son as seguintes:
1.     Extensa rede de colaboradores. Esta segunda edición conta co patrocinio científico das tres universidades galegas, Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña, catro universidades estatais, Valladolid, Zaragoza, Complutense e Autónoma de Madrid máis unha internacional, Universidade de Leicester (Gran Bretaña). Ademais o comité científico complétase con ICOM España, organismo que agrupa todos os museos estatais, o Observatorio de educación patrimonial, EducaThyssen – Thyssen Bonemisza, Museo provincial de León, MUSAC, Fundación Jiménez-Arellano de Valladolid, Maritim de Barcelona, Museo Arqueológico de Cacabelos, a Red Española de Profesionales de Museología social, Observatorio da Mariña pola Igualdade, e Mujeres en las Artes Visuales (MAV) así como outras plataformas de investigación, exhibición e difusión como o Festival Miradas de Mujeres, Píkara Magazine e Isköo espazo multidisciplinar.
A extensa rede de colaboradores da Rede Museística cubre deste xeito un espectro internacional, estatal e local poñendo en valor o traballo e o compromiso desta institución coa museoloxía social
2.     Novidade no Formato. Esta segunda edición busca acadar unha estrutura moito máis democrática e participativa, rachando o esquema convencional de congreso. Convoca a participación cidadá a través dunha plataforma de diálogo no que público e poñentes interaccionan no mesmo nivel. As intervencións serán moi curtas e concisas, aportando dinamismo ó Congreso, e sendo o punto de partida para o debate que será realmente o protagonista. A estrutura da mesa de diálogo incorpora a dous comunicantes seleccionados por cada un dos bloques a través dunha convocatoria aberta.
O formato elixido de comunicación é o vídeo, facilitando a colaboración de calquera persoa interesada non importa onde se atope e ampliando o alcance do propio Congreso.
3.     Actas como punto de continuidade. Ao contrario ó que pasa nun congreso clásico onde as actas serven de punto de peche, nesta ocasión as conclusións, que estarán dispoñibles na rede, convidan á reflexión posterior ao encontro, permitindo a recepción de novas comunicacións que manterán vivo o debate. Este punto vén a fomentar a participación dun público activo e o carácter democrático desta cita.
Trátase do primeiro Congreso que outorga igual importancia ao debate ca intervención dos poñentes, supoñendo a mesma duración ámbalas dúas partes.

4.     Experiencia única. A oportunidade de debater estas cuestións de xénero con 38 profesionais chegados de toda España, e mesmo de Europa, especialistas que traballan neste eido desde as institucións, a creación, a investigación, os movementos sociais, o asociacionismo, falando en primeira persoa, converte esta cita nunha ocasión inigualable.

Está aberta a inscrición das 50 prazas para asistir a este Congreso, a través de formulario, na web www.museolugo.com, así como as video-comunicacións cuxo prazo remata o 13 de febreiro

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h  ...

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación...