Ir al contenido principal

O PAZO DAS MUSAS: 10 ANO DE INSPIRACIÓN CULTURAL


Xoves, 18 de decembro, ás 20.00 h.
Refectorio do MPLugo
SUMARIO: 10 ANOS DE INSPIRACIÓN CULTURAL
Presentación: Encarna Lago, xerente da Rede Museística
Narración: Tareixa Campo
Proxección vídeo-documental retrospectivo
Epílogo: Mario Outeiro, deputado delegado de Cultura da Deputación de Lugo

O PAZO DAS MUSAS: 10 ANO DE INSPIRACIÓN CULTURAL
A revista oral O PAZO DAS MUSAS, que se veu desenvolvendo puntualmente cada trimestre desde decembro de 2004 no refectorio do MPLugo, está de aniversario e quere celebralo contigo que, seguramente, asistiches ou participaches nalgún dos seus 37 números.
Son 10 anos de música e literatura, de historia e cine, teatro e maxia, de memoria e inspiración cultural, grazas á colaboración de arredor de 350 persoas, grupos e colectivos que ao vivo foron contribuíndo a encher de vida 37 números e sesenta e moitas horas de oralidade.
É moi longa a nómina de colaboradores e moitos os agradecementos a repartir, para que este proxecto colectivo e colaborativo chegase ata os 10 anos de vida. Números monográficos, cadeas de creación, formas expresivas convencionais e non tan convencionais, proxeccións e exposicións efémeras, o culto e o popular, o requintado e o natural.
Grazas á colaboración da Fundación TIC, que gravou practicamente todos os números da revista, dispoñemos dun arquivo de imaxe inestimable que nos vai permitir ofrecer neste número unha homenaxe á xente que fixo posible este milagre, sempre co apoio do Museo Provincial de Lugo e da Rede Museística, das persoas que traballan día a día a prol da cultura nestas institucións públicas, e da área de Cultura da Deputación de Lugo que sempre favoreceu a circulación libre nesta encrucillada pola que transitaron, tamén libres, os camiños da creación neste decenio.
Para agradecer tanta xenerosidade, este xoves, 18 de decembro, ás 20:00 horas, proxectaremos un documental retrospectivo no que recuperamos rostros, nomes e anacos breves das moitas función que tivemos a sorte de presenciar e gozar en todo este tempo.
Intervirá como narradora ao vivo, Tareixa Campo, e participarán en representación das institucións responsables, a xerente da Rede Museística, Encarna Lago, e o deputado delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, Mario Outeiro.

     Saúdos
        Antonio  Reigosa Carreiras
        Responsable de Comunicación e Xestión Cultural da Rede Museística
        Coordinador da revista oral “O pazo das musas”
        Tfn.. 982 24 21 12 / info@museolugo.org

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h  ...

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación...