Ir al contenido principal

Día Internacional do Migrante na RedeMuseística

16/12/2014
Día Internacional do Migrante: Presentación do documental Museoloxía social. Culturas en diálogo: Lugo-Arxentina
O mércores, 17 de decembro de 2014, ás 18.00 h. preséntase no MPLugo o documental “Museoloxía social. Culturas en diálogo: Lugo-Arxentina”, unha cita previa á conmemoración do Día do Migrante que se celebra o 18 de decembro, e que terá, nesta ocasión, a partir das 12:00 h. e no Museo Provincial do Mar, de San Cibrao (Cervo, Lugo) os actos centrais. Pola tarde, ás 17:00 h., neste mesmo Museo Provincial do Mar terá lugar unha mesa redonda arredor do tema das migraciónsna que van participar representantes de diversos colectivos da Mariña de Lugo.
Día Internacional do Migrante
A presentación do documental forma parte do proxecto “Museoloxía social. Culturas en diálogo: Lugo-Arxentina” o 17 de decembro ás 18:00 h. no Museo Provincial de Lugo terá continuidade coa exhibición do mesmo durante os días días 18, 19 e 20 no resto dos museos da Rede Museística, o que supón o cume dun proxecto que comezou o 3 de febreiro e que vén a responder a unha liña da actuación constante desta Rede Museística: a responsabilidade social da institución pública.

Calendario de proxecións:
Museo Provincial de Lugo
17 de decembro, 18:00 h. (Presentación do documental)
18 de decembro, 12:00 h.
19 de decembro, 12:00 h. e 18:00 h.
20 de decembro, 12:00 h.

Museo Provincial do Mar
18 de decembro, 12:00 h.:Día do Migrante e presentación do documental.
19 de decembro, 12:00 h.
20 de decembro, 12:00 h. e 18.00 h.

Museo Fortaleza San Paio de Narla
18 de decembro, 17:00 h.
19 de decembro, 17:00 h.
20 de decembro, 17:00 h.

Museo Pazo de Tor
18 de decembro, 16:30 h.
19 de decembro, 16:30 h.
20 de decembro, 18:00 h.

Museoloxía social. Culturas en diálogo: Lugo - Arxentina é un proxecto de colaboración entre a Rede Museística Provincial de Lugo e as asociacións de Inmigrantes e Retornados Rioplatenses en Lugo e Tango Club Galicia, máis un equipo multidisciplinar de documentalistas, especialistas en redes sociais, investigadores, artistas, etc.. que traballan xuntos co obxectivo de investigar, documentar, conservar, reinterpretar e difundir a cultura de Lugo e Arxentina a través do diálogo intercultural e inclusivo.

Culturas en diálogo é unha viaxe en parella. 
Parellas artísticas internacionais coa colaboración entre Iago Eireos (Lugo) e Julia Romano (Arxentina), á que se uniu o poeta Miguel Ángel Curiel. 
Parellas literarias Claudio Rodriguez Fer e o seu retrato de Borges máis Paco Nieto e as voces de Lugo. 
Parellas teatrais con Teatro Do Miolo & Cía. 
Parellas bailarinas, no V Encontro TangoLíber. 
Parellas patrimoniais, coa convocatoria artística que pon en valor os dous patrimonios da humanidade: a muralla e o tango. 
Parellas didácticas, con obradoiros para todos os públicos en novas tecnoloxías, creación artística, accións radiofónicas, que reflexionan e traballan sobre estas relacións culturais.
Parellas de aquí e dacolá. Destaca neste audiovisual a investigación sobre a Muller Emigrante en “Mulleres de Aquí e Dacolá”, onde facemos unha homenaxe a aquelas mulleres “ponte” que viaxaron desde a provincia de Lugo á Arxentina e a aquelas arxentinas que viven agora aquí. Neste apartado resumimos as 14 entrevistas a mulleres e familiares en sete bloques onde se retrata experiencia de emigrar.
“Mulleres de aquí e dacolá” comeza cunha sinxela presentación onde remarcamos a importancia de dar nome ás súas protagonistas. 
En A muller emigrante recollemos que é o que elas percibían e como eran valoradas. 
De onde es? fala da pervivencia cultural noutro país a través da lingua, dos contos e da forma de relacionarse. 
Volver significou para moitas un momento de estrañeza e para outras un reencontro coas raíces. Remarcamos a Asociación, a colaboración entre emigrantes nun e noutro lado é esencial para a supervivencia noutro país. En Emigrar queremos poñer en paralelo a situación da emigrante do pasado e da actualidade. 
Finalmente, con E agora, aquí ou acolá? dúas testemuñas poñen fin a este documental cunha reflexión sobre o feito de ir e volver.
Enlaces de interese:
Proxecto global: Culturas en diálogo Lugo-Arxentina

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h  ...

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación...