Ir al contenido principal

O Voo das bolboretas, acción en contra da violencia de xénero No marco do Proxecto “Culturas en Diálogo” Lugo-Arxentina REDEMUSEÍSTICA PLANTALLE CARA AO MALTRATO


O Voo das bolboretas, acción en contra da violencia de xénero
No marco do Proxecto “Culturas en Diálogo” levado a cabo pola Rede Museística da Deputación de Lugo, este venres, 21 de novembro de 2014, ás 12:00 h., terá lugar no MPLugo un evento interactivo entre Arxentina e Lugo.
Neste encontro, mulleres, nenas e nenos de Coronel Suárez (provincia de Bos Aires), e outras vilas veciñas, que están preparando a acción “O Voo das bolboretas” van interactuar online coa comunidade da Rede Museística de Lugo, para intercambiar experiencias no desenvolvemento desta acción contra a violencia de xénero. Participará xente que estivo construíndo bolboretas en Arxentina e en Lugo, e reflexionarase sobre a capacidade da arte para incidir na sociedade e na fortaleza e o ánimo das vítimas de violencia para saír do maltrato.
O Voo das Bolboretas é unha acción creada por Luz Darriba que se fará en Arxentina, intervindo con milleiros de bolboretas a cidade de Coronel Suárez, e terá a súa replica en Lugo (enchendo de bolboretas a Praza Maior; as bolboretas serán feitas por asociacións locais, participantes dos cursos do Museo Provincial, achegas de distinto tipo, etc), no marco do Programa da Rede Museística “Plántalle cara ao maltrato”

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h        Haberá agasallos para as persoas visitantes que se acheguen ao museo nesta data.         Botella ao mar De 18:00 a 20:00 h: Obradoiro literario a cargo de Paco Rivas . Todas as mensaxe

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación Creati