Ir al contenido principal

A REDEMUSEISTICA COLABORARÁ CO CULTURALAB DO MASTER DE SERVIZOS CULTURAS DA USC

O CulturaLab do Máster de Servizos Culturais da USC presentouse hoxe no MPLugo 


ASUNTO:

                       Presentación aos medios de comunicación do PROGRAMA CULTURALAB.

LUGAR: 

             Refectorio do Museo Provincial de Lugo.

DATA:
        
             Xoves, 6 de novembro de 2014.

HORA:
         
            11:30  horas.

ASISTIRON:


1.      Mario Outeiro Iglesias, deputado- delegado da Área de  Cultura e Turismo da Deputación de Lugo.

2.      Carmen Silva, vicerrectora de Servizos Universitarios do Campus de Lugo.

3.      Encarna Lago, xerente da Rede Museística da Deputación de Lugo.

4.      Aurelia Balseiro, directora do Museo Provincial de Lugo.

5.      Francisco Quiroga, Coordinador de CulturaLab.

O deputado delegado da Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, Mario Outeiro, xunto coa coordinadora do Máster en Servizos Culturais e vicerreitora de Servizos Universitarios do campus de Lugo, Carme Silva, e o coordinador do CulturaLab deste máster, Fran Quiroga, presentaron o proxecto CulturaLab que forma parte do Máster en Servizos Culturais da USC. A área de Cultura da Deputación de Lugo colabora na financiación deste proxecto.
Programa e Estrutura do CulturaLab
O CulturaLab é un laboratorio de transmisión de coñecementos para o desenvolvemento de proxectos culturais aberto á participación do alumnado do Máster en Servizos Culturais da USC, un posgrao oficial impartido na Facultade de Humanidades do campus de Lugo que mantén unha demanda sostible de alumnado.
Os estudantes deste posgrao, aos que esta mesma tarde Fran Quiroga presentará o proxecto, serán os principais protagonistas e artífices do CulturaLab, no marco do que, ben en grupo ou a título individual, deberán presentar un proxecto cultural. Este traballo será compatible coa carga académica do propio posgrao, xa que se poderá aproveitar para a elaboración do traballo final de máster.
Durante este período de formación haberá una serie de obradoiros/conversas, nas que ous seus condutores/as procurarán dar algunhas chaves para o desenvolvemento da proposta de proxecto cultural ideada. Estas sesións desenvolveranse a partir do mes de xaneiro na sede do Museo Provincial de Lugo e serán abertas para o público en xeral.
No mes de marzo deberán presentar de forma pública os proxectos culturais, así como o documento de proposta de proxecto. A avaliación realizarase entre o propio alumnado, o coordinador do CulturaLab do Máster de Servizos Culturais e unha coordinadora de proxectos do Matadero, Centro de Creación Contemporánea (3º mellor institución cultural do Estado, segundo o Observatorio da Cultura da Fundación Contemporánea). A innovación, a incidencia social, a presenza da muller, o uso do galego ou a repercusión para a provincia de Lugo, entre outros, serán algúns dos criterios valorados no proceso de avaliación.
»» + info sobre este proxecto

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h        Haberá agasallos para as persoas visitantes que se acheguen ao museo nesta data.         Botella ao mar De 18:00 a 20:00 h: Obradoiro literario a cargo de Paco Rivas . Todas as mensaxe

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación Creati