Mañá, venres, 19 de setembro, a partir das 12:30 horas, desenvolverase no MPLugo unha xornada de portas abertas organizada por ASORLU (Asociación de Personas Sordas de Lugo) e a Rede Museística, co patrocinio da área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo. Esta actividade enmárcase no proxecto de Museoloxía Social que desenvolve a Rede Museística co obxectivo de achegar recursos para motivar a creatividade entre diferentes colectivos.
As actividades desta xornada, que atende ao reclamo “Un antes e un despois”, que se van desenvolver no MPLugo son as seguintes:
12:30 h.- Acto de apertura na Sala Multiusos do MPLugo
13:00 h.- Visita guiada á exposición de obras de artistas xord@s da provincia de Lugo (esta exposición permanecerá aberta ao público desde as 11:00 ata as 18:30 h.)
17:00 h.- Contacontos en lingua de signos e visita guiada á exposición de obras de artistas xord@s da provincia de Lugo