O club Ei!! da Rede Museística organiza obradoiros nos meses de setembro e outubro, sempre en horario de tarde e para maiores de 16 anos. Obradoiros de fotografía, lettering, audiovisuais e tatuaxe que se desenvolverán no MPLugo, nas datas que se indican en cada caso. Podes inscribirte no Departamento de Didáctica do MPLugo ou a tarvés do e-mail:clubeirede@gmail.com
Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo. Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra , por Cándido Pazó Visita guiada 16:00 h: Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ” Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h ...
Comentarios
Publicar un comentario