Ir al contenido principal

O FESTIVAL CARTOGRAFÍA EN MOVEMENTO CHEGA A LUGO DA MAN DA ASOCIACIÓN 3MONOS

O festival Cartografía en Movemento, da man da asociación 3monos, chega a súa iii edición e volve co mesmo obxectivo co que iniciou a súa andadura: descubrir e reinventar os espazos da nosa cidade a través de propostas escénicas que se xeneren dialogando cos diferentes lugares. Tamén un ano máis, queremos abrir á participación ós: artistas amateurs, artistas profesionais, cidadáns-artistas, cida...dáns en resumo, que sen máis obxetivo queiran deixar voar o seu imaxinario e crear unha proposta artística de calquera disciplina (poesía, música, canto, danza, teatro, performance, video, etc) nun recuncho da cidade.
Non queremos que sexa un festival ó uso, queremos que sexa un día compartido por todos, así que vos animamos a todo aquel que lle apeteza ter a cidade como escenario por un día a contactar con nós e explicarnos a súa proposta.

Queremos que ó longo do día a nosa cidade se encha de movemento e imaxinación. Alguén pode saír da súa casa danzando un longo bolero ou percorrer rúas co corpo pegado ás paredes. Alguén pode vestirse dunha personaxe todo o día, subirse nun avión de papel, lavar as rúas cunha fregona, facer música ou recitar poemas a todos os nenos que se cruce, pintar un cadro en movemento ou esculpir as formas da cidade. As alternativas son infinitas e abertas á improvisación.

Saquemos o xenio creador que levamos dentro para transformar a nosa cidade, abramos o asfalto á arte, que os camiños e percorridos que facemos todos os días, están abertos ao cambio e á sorpresa, ao asombro e á improvisación. Arte en movemento, en contacto, en conflito, en diálogo, en xogo, en pracer... Arte desubicado para facer da cidade unha sorpresa.


O día elixido para realizar o proxecto é o Sábado 27 de Setembro.
O último día para presentar as propostas é o mércores 11 de Setembro, co obxectivo de poder organizar as licencias e os carteis. Pouco despois, farase unha reunión con todos os participantes para concretar e aclarar calquer tema ou pregunta que poida xurdir.

O proxecto pode medrar e mudar en función das diferentes propostas coas que nos atopemos e da dispoñibilidade de cada persoa ou grupo.
Queremos que esta mensaxe chegue a todas as persoas que queiran participar. Se coñecedes a alguén que poida estar interesado, pregámosvos que lle fagades chegar esta información.

Da mesma maneira estamos dispostos a resolver calquera dúbida ou consulta que poida xurdir en torno ás propostas e á definición do proxecto. Calquera proposta ou duda será benvida.

Para contactar connosco: cartografiaenmovemento@gmail.com ou info3monos@gmail.com , tamén a través do grupo de facebook: https://www.facebook.com/groups/cartografiademovemento ou no Blog 3MONOS: http://3monosblog.wordpress.com/
Animámosvos a transformar a nosa cidade por un día.
Agradécese a difusión!

Comentarios

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h        Haberá agasallos para as persoas visitantes que se acheguen ao museo nesta data.         Botella ao mar De 18:00 a 20:00 h: Obradoiro literario a cargo de Paco Rivas . Todas as mensaxe

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación Creati