Ir al contenido principal

Clausura Estudio Aberto 3

clausura da mostra ESTUDIO ABERTO 3

amosando os traballos dos reclusos do Cárcere de Bonxe 

Paula Cabaleiro e Encarna Lago (coordinadoras da residencia artística)

impartiron un obradoiro teórico-práctico partindo da mesma idea de <compartir>


 

[ Paula Cabaleiro e Encarna Lago, coa peza realizada polos reclusos/as do Cárcere de bonxe ]

 

A  TERCEIRA  EDICIÓN  DO  PROGRAMA  DE  RESIDENCIAS  ARTÍSTICAS

 

Mañá domingo 31 de agosto, Estudio Aberto 3 bota peche á mostra resultante desta terceira edición de residencias artísticas na Sala de Exposicións do Pazo SanMarcos da Deputación de LugANA ARREGUI (1983, Sevilla), RUBÉN PÉREZ POMBO (1985, Lugo), ANNA KATARINA(1976, Estocolmo-Suecia), ADRIANA PAZOS(1971, Montevideo- Uruguay), FÉLIX CARPIO(1983, Gijón-Asturias), BASILISA FIESTRAS(1985, Pontevedra), MARCELA MASTROIANNI (1985, Buenos Aires-Argentina) e MARÍA XOSÉ DOMINGUEZ(1967-Santiago de Compostela): 8 artistas chegados de todo o mundo crearon en directo entre o 1 e o 7 de agosto obras depintura, escultura, fotografía, vídeo, debuxo, instalación performance, que se poden observar ata a mañá deste domingo.

 

Coordinado por Paula Cabaleiro e Encarna LagoEstudio Aberto 3 foi un proxecto de apertura e diálogo. Unha sala transformada en espacio de creación (para os artistas) e de diálogo (para co público), ademáis de lugar para a cocreación, a participación e o enredo (entre os creadores e a cidadanía). Novamente, a Rede Museística Provincial e a Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo demostran a relevancia do apoio á produción artística, tecendo cultura e vínculo co público da cidade de Lugo.

 

UN  ESTUDIO ABERTO QUE  CHEGOU A  UN ESPAZO RECLUSO:  BONXE

 

Como continuidade desa liña de diálogo e cocreación coa toda a cidadanía, o pasadomércores 20 de agosto o programa de residencias artísticas Estudio Aberto deRede Museística Provincial e a Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugosaía da Sala do Pazo San Marcos onde se pode visitar a mostra resultado desta terceira edición, para achegar a arte contemporánea a través da creación ao Cárcere de Bonxe.Dentro do bloque "Arqueoloxías Emocionais", esta actividade formaba parte do proxecto Museos Públicos 25.2 que a Rede Museística leva desenrolando dende o 2012 co Centro Penitenciario de Bonxe (Lugo), nacendo co obxectivo deachegar os museos a colectivos que non son, tradicionalmente, usuarios dos mesmos, coa premisa de colaborar na integración social a través da cultura. Deste xeito, un proxecto como Estudio Aberto 3, que abría as portas ao público dun espazo íntimo, de creación e reflexión, como é o estudio dun artista, adentrábase agora nun espazo pechado e de reclusión para achegar a arte contemporánea a través da experiencia.

 

Paula Cabaleiro e Encarna Lago(coordinadoras do programa de residencias artísticas) visitaron o cárcere coa intención de que os reclusos coñeceran e entenderan que é Estudio Aberto, en que consistiu e cal é a súa esencia: compartir, achegar, colaborar e provocar a participación. E as mesmas pretensións son as que motivaron "Paisaxes Líquidas", unha paisaxe colectiva e contínua que desenrolaron de xeito conxunto reclusos e reclusas do centro, que as coordinadoras se trouxeron á sala de exposicións e que podemos ver na fotografía, dialogando coas obras pictóricas de Ana Arregui.

 

D3B6FF3E-00C4-44D5-9DF5-EDBE73FAA4BA



[ Unha participante sopra anilinas sobre o papel, no obradoiro "Paisaxes Líquidas"  en Bonxe ]

 

Esta paisaxe emocional froito daexperimentación e a creación colectiva pon fin á edición máis participativa de Estudio Aberto, á máis socialmente implicada. Pola sala de exposicións pasaron nenos e nenas, mozos e mozas, maiores, familias, artistas, comisarios, xornalistas, profesionais de tódolos ámbitos... que foron parte activa da mostra, colaborando cos artistas e poñendo o seu grao de area nas pezas de arte. Ese é o espírito do proxecto: rachar estigmas e prexuízos cara a arte contemporánea a través da experiencia.

 

F087B9B2-56D1-4A07-A115-73F93484D6F7


ORGANIZA | Rede  Museística Provincial  e  Área de  Cultura  e Turismo da Deputación de  Lugo

IMPARTEN | Encarna Lago e Paula Cabaleiro  CONTACTO | 982 242 112 - 699836883 -667823112 

Comentarios

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h  ...

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación...