Ir al contenido principal

O Centro do Viño da Ribeira Sacra acolle a exposición fotográfica de Iván Merayo: Coma silvas que comen muros

O Centro do Viño da Ribeira Sacra, en Monforte de Lemos acolle desde hoxe a exposición fotográfica “Coma silvas que comen muros”, do arqueólogo monfortino Iván Merayo, coa que o artista pretende rememorar a última execución pública cometida en Monforte no marco da ditadura franquista. Na inauguración da mostra participou o delegado de Cultura da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro, xunto ao alcalde nacionalista de Monforte, Severino Rodríguez, e o propio autor das fotografías. Durante o transcurso da inauguración os asistentes tamén recibiron o catálogo que se editou coas fotografías xunto con 5 textos de escritoras e escritores galegos.   

A mostra, que estivo exposta no Museo de Lugo do 22 de outubro ao 22 de novembro de 2013, está composta por trece imaxes panorámicas que parten dun campo desenfocado, da dificultade para pousar a mirada. As fotografías representan conxecturas dos derradeiros cheiros, do frío do condenado a morte. Instantáneas posíbeis dunha última ollada; da visión atropelada de alguén obrigado a se despedir ás présas. Lembranzas dunha morte indigna. Apenas ferruxe e confusión. No medio da confusión, uns pequenos puntos enfocados, a constatación da morte. E, como pano de fondo, un entorno decadente ciscado de malas herbas. A vexetación, como a vida dunha persoa, pode ás veces chegar a ser indesexábel para algunha xente. Como a maleza.   

As imaxes foron tomadas no campo do Freixo, onde se produciu a última execución pública cometida en Monforte, o fusilamento do factor ferroviario Manuel Pérez Goyanes, o 3 de outubro de 1941, acusado de provocar, na estación, un accidente de tren que non causara vítimas, pero que a ditadura considerou como sabotaxe política. Deste xeito, a colección pretende rescatar unha historia, como tantas, silenciada. Convertela nunha historia recuperada. Un relato destinado tanto a quen queira coñecelo como a quen non queira esquecelo. Unha lembranza imposíbel de setenta e dous anos atrás.   

O autor das fotografías, Iván Merayo, pretende con este traballo "rescatar unha historia, como tantas, silenciada. Convertela nunha historia recuperada. Un relato destinado tanto a quen queira coñecelo como a quen non queira esquecelo. Unha lembranza imposíbel de setenta e dous anos atrás".   

Neste sentido, Mario Outeiro afirmou que “esta colección fotográfica trasládanos a unha época caracterizada polo terror e non deixa de ser unha homenaxe a todas e todos aqueles que loitaron pola defensa da democracia e da liberdade e sufriron en primeira persoa a represión franquista”.   

Hoxe o campo do Freixo semella un lameiro frío e húmido partido en dúas metades pola estrada N-120. A sensación que produce é de abandono. Unha mestura de soidade e tristeza, reforzada polas silvas que comen os muros e se multiplican polas beiras da pista que o percorre. Se cadra a impresión que transmite non é máis que a propia do desuso, do abandono das terras e dun xeito de vida. Ou se cadra, é porque neste lugar consumouse a derradeira execución pública do fascismo na vila de Monforte de Lemos.

Comentarios

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h  ...

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación...