A Rede Museística de Lugo promove unha convocatoria para participar na exposiciónOlladas de muller sobre a Guía Postal de Lugo de Maruja Mallo, de forma virtual a través de plataformas online (redes sociais, blog e páxina web do Museo).
A Rede Museística de Lugo promove unha convocatoria para participar na exposición Olladas de muller sobre a Guía Postal de Lugo de Maruja Mallo , de forma virtual a través de plataformas online (redes sociais, blog e páxina web do Museo). Esta exposición xira arredor dunha obra titulada Guía Postal de Lugo , que fóra realizada por Maruja Mallo e que actualmente forma parte da colección do Museo Provincial de Lugo (para poder ver a obra fai click AQUÍ ). As artistas participantes recrearán a obra orixinal en linguaxes artísticas actuais. A exposición Olladas de muller sobre a Guía Postal de Lugo de Maruja Mallo enmárcase dentro dunha nova edición de A arte de ser muller nun mundo por compartir 5.0 , unha iniciativa centrada na visibilización das mulleres no eido creativo, levada a cabo pola Rede Museística Provincial de Lugo, Área de Cultura, Vicepresidencia 1ª. A exposición, comisariada por Encarna Lago e Anxela ...