Ir al contenido principal

RECOMENDACIÓN DE ENCARNA LAGO:MUSEOS SOCIALMENTE RESPONSABLES


MUSEOS SOCIALMENTE RESPONSABLES, presentación do programa no Museo Provincial do Mar
O vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo, Antonio VeigaEncarna Lago González (xerente da Rede Museísitica) e Ángeles Miguelez (departamento de Didáctica da Rede Museística) presentaron o luns, 2 de decembro, no Museo Provincial do Mar de San Cibrao, Cervo, o proxecto MUSEOS SOCIALMENTE RESPONSABLES, un programa cuxas actividades se desenvolverán nos catro museos da Rede Museística da Deputación de Lugo desde o 3 de decembro (Día Internacional das Persoas con Discapacidade) ata o final da primavera de 2014. No mesmo acto presentouse o catálogo da primeira edición, unha iniciativa realizada por persoas cegas, pioneira en Galicia e no estado español.
MUSEOS SOCIALMENTE COMPROMETIDOS
REDE MUSEÍSTICA DE LUGO
A través dos catro museos que compoñen a Rede Museística (Museo-Fortaleza San Paio de Narla, Museo-Pazo de Tor, Museo Provincial do Mar e Museo Provincial de Lugo) apostamos e defendemos unha Museoloxía Social: museos que manteñen un diálogo permanente co seu entorno, museos comunitarios onde as voces das e dos cidadáns teñen moito que dicir, museos solidarios e accesibles.
Dende o departamento de Accesibilidade e Capacidades Diferentes da Rede Museística seguimos traballando en proxectos a prol da igualdade, a intermediación, interxeración e a interculturalidade. Nesta ocasión, un ano máis por estas datas, aproveitamos o mes de decembro para facer fincapé nunha programación de MUSEOS SOCIALMENTE COMPROMETIDOS.
Con motivo da celebración o 3 de decembro do Día Internacional das Persoas con Discapacidade deseñamos unha programación aberta cun dobre obxectivo: ofrecer unha accesibilidade integral aos museos que compoñen a Rede Museística, así como a visibilidade de grupos socias que carecen deses espazos na actualidade. O programa desenvolverase ao longo de todo o mes de decembro, ampliándose ata marzo de 2014 con propostas diversas (exposicións, obradoiros, artes escénicas, cine, xornadas de reflexión, etc) que se engloban en 4 áreas de actuación:
1.-Capacidades diferentes
2.-Accesibilidade e integración
3.-Diálogo Intercultural
4.-Xénero e Igualdade
Dende a participación, a colaboración e a cooperación poñemos a disposición de todas e todos os catro museos da Rede Museística como espazos de convivencia e diálogo; lugares abertos onde as minorías sociais gocen da importancia e relevancia magna que merecen, onde o diferente se naturalice e converxa co normal.
Plural é a palabra Museos, como plural é a palabra Persoas. Museos para todas e todos, entre todas e todos, por unha sociedade máis xusta, social e igualitaria.

PROGRAMA
1.- CAPACIDADES DIFERENTES
3 DE DECEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
MUSEO PROVINCIAL DE LUGO / 17:30 h.
Obradoiro “Museos e harmonía social” impartido por Encarna Lago González (xerente da Rede) e Ángeles Miguélez (Didáctica – Rede Museística) dirixido ao “Clube Senior da Rede” no que dialogaremos arredor dun café sobre a discapacidade e as capacidades diferentes.

18:00 h.
Obradoiro “Museos e harmonía social” dirixido ao “Clube Pequeamigos da Rede” quen se unirán aos nosos maiores nunha actividade interxeracional na que aprenderemos os códigos e as linguaxes das (dis)capacidades diferentes.

20:00 h.
Inauguración da exposición: Premios Fundación Anade
Premio de Fotografía e selección de obras presentadas ao II Premio de Artes Plásticas. Sala de Exposicións do MPLugo

MUSEO-FORTALEZA SAN PAIO DE NARLA
Visitas guiadas telefónicas dirixidas a todas aquelas persoas que, dada a súa situación persoal, non teñen acceso ao museo e á colección que atesoura. Estas visitas continuarán ao longo do ano 2014, todos os días 3 de cada mes, previa inscrición.

16 DE XANEIRO DE 2014 / MUSEO PROVINICIAL DE LUGO
Asociación Raiolas Autismo Lugo
Obradoiro “Eu en ti, Ti en min” en colaboración coa Asociación Raiolas dirixido a persoas con Autismo no que realizaremos unha actividade de identificación a través do retrato dende a mirada do outro.

20 e 21 DE DECEMBRO / MUSEO-PAZO DE TOR
Obradoiro “Realidade aumentada para mellorar a accesibilidade aos museos” impartido por Mónica Castro de Lera e dirixido ao grupo de traballo social vinculado aos Proxectos de “Fotografía a cegas” e “Mulleres de aquí e acolá”.

2.-ACCESIBILIDADE E CÁRCERE (INTEGRACIÓN SOCIAL)
22 DE XANEIRO DE 2014 / Museos Públicos 25.2.
Segunda visita ao Centro Penitenciario de Bonxe dentro do proxecto global “ENREDARTE: Espazos públicos de visibilidade” co dobre obxectivo de achegar os museos a colectivos que non son, tradicionalmente, usuarios dos mesmos e o de colaborar na integración social a través da cultura, atendendo ao mandado no artigo 25.2 da Constitución.

3.-DE ORIENTE A OCCIDENTE, PASANDO POLO SUR (DIÁLOGOS INTERCULTURAIS)
13 DE DECEMBRO / MUSEO PROVINCIAL DE LUGO /20:00 h.
Espectáculo de Tango “Muller e Arte”a cargo da Asociación Rioplatense de Lugo.

4.-XÉNERO E IGUALDADE
CONVOCATORIA ABERTA: PROXECTO “MULLERES DE AQUÍ E ACOLÁ”
REDE MUSEÍSTICA DE LUGO
O proxecto “MULLERES DE AQUÍ E ACOLÁ” en anos anteriores se centrou en outros países é de carácter aberto a todas as persoas que queiran participar nel aportando unha fotografía de mulleres de Lugo que emigraron a Arxentina e fotografías de mulleres arxentinas que vivan hoxe en Lugo. A convocatoria realizarase a través das redes sociais onde se facilitará a información para o envío da imaxes e a documentación a achegar. O Proxecto terá como acción complementaria unha reinterpretación das fotografías, por parte de artistas contemporáneos seleccionados, enriquecendeo o proxecto a través da innovadora tecnoloxía de xeolocalizacións e da realidade aumentada.

CICLO DE CINE EUROÁRABE AMAL
REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO / SÁBADOS E DOMINGOS DE DECEMBRO
A Fundación Araguaney – Puente de Culturas ten como prioridade fundamental promover o intercambio cultural entre España, América Latina e o Mundo Árabe cunha clara vocación universal. Fomentar a comprensión do mundo árabe a través do cine e fomentar o sétimo arte é un compromisos do Festival Amal ao que un ano máis se quere sumar a Rede Museística ofrecendo a maiores e pequenos un ciclo de cine que ofreza unha visión global, cosmopolita e intercultural do mundo.
Este ano teremos a oportunidade de ver as mellores películas da última edición de Amal. O ciclo Amal 2013 consta das seguintes películas que de maneira simultánea se proxectarán nos 4 museos da Rede no seguinte horario:
Museo Provincial de Lugo: Todos os sábados de decembro a partir das 18 h. e os domingos de decembro ás 12:30 h..
Museo-Fortaleza San Paio de Narla: Todos os sábados e domingos de decembro a partir das 16:15 h.
Museo Provincial do Mar: Todos os sábados de decembro a partir das 16:30 horas e os domingos de decembro a partir das 12:00 horas
Museo-Pazo de Tor: Todos os sábados de decembro a partir das 17 horas e os domingos de decembro a partir das 11:30 horas.
*Os horarios son susceptibles de modificacións segundo as necesidades e programacións dos museos da Rede.

PROGRAMA 1:
LE THÉ OU L´ELECTRICITÉ
Premio Amal 2012 á mellor longametraxe documental
Dirección: Jérôme le Maire
Duración: 93 min.
País: Bélxica, Marrocos.

PROGRAMA 2:
RABAT
Premio Amal 2012 á mellor longametraxe de ficción; mellor direcció e á mellor interpretación masculina.
Dirección: Jim Taihuttu e Victor Pontem
Duración: 65 min.
País Holanda.

EID
Premio Amal 2012 á mellor curtametraxe documental.
Dirección: Saaheb Collective
Duración: 9 min.
País: Palestina.

PROGRAMA 3:
BROMAS APARTE
Dirección: Vanessa Rousselot.
Duración: 54 min.
País: Francia, Palestina.

ENSEMBLE
Premio Amal 2012 á mellor curtametraxe de ficción.
Dirección: Mohamed Fekrane
Duración: 17 min.
País: Francia.

4.-XÉNERO E IGUALDADE
7 DE DECEMBRO
EXPOSICIÓN AconTecendo
MUSEO-PAZO DE TOR / 12.30 horas
Inauguración da mostra colectiva AconTecendo, comisariada por Noemí Cobas, exposición que se inclúe no Proxecto “ENREDARTE: Espazos públicos de Visibilidade” e no Programa ”Mulleres en / para / por / desde / ante a Rede Museística”. A mostra preténdese romper cos roles de xénero, os clichés, e reivindicar unha posición igualitaria para a muller na sociedade, invadindo co téxtil un espazo tradicionalmente masculino, propiciando así un diálogo de xénero.

MARZO DE 2014
MUSEO PROVINCIAL DE LUGO
EXPOSICIÓN: Reinterpretando A Maruja Mallo
CONVOCATORIA ABERTA
Reinterpretando a Maruja Mallo, é unha mostra colectica que se engloba dentro do programa “A arte de ser Muller nun mundo por comparti 4.0”. A convocatoria está aberta a mulleres artistas que nas súas obras reinterpreten as paisaxes lucense que aparecen na obra “Guía Postal de Lugo” de Maruja Mallo exposta no Museo Provincial de Lugo.
A exposición terá como actividade complementaria unha xornada de reflexión: “Xénero Creación, xestión, crítica e activismo”.
Inauguración: 7 de marzo de 2014 no Museo Provincial de Lugo




Comentarios

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h  ...

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación...