Ir al contenido principal

RECOMENDACIÓN DE ENCARNA LAGO PARA O DÍA 5 DE DECEMBRO

O Reino de Galiza centra unha exposición e unha xeira de charlas no Museo de Lugo

O delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro, xunto ao presidente da AS-PG, Xoán Costa, e Marcos Maceira, coordinador da mostra “Galiza, nun tempo de seu”, presentaron esta exposición que se poderá ver desde mañá no Museo de Lugo. A exposición “Galiza, nun tempo de seu” consiste nun pequeno percorrido pola Galiza medieval centrándose en tres momentos que mostran cal foi o desenvolvemento da nosa nación no período baixomedieval.

Na súa intervención, Mario Outeiro destacou que “é importante que a nosa historia a escribamos nós para coñecermos o país que somos” e sinalou que “as partes nas que está dividida a exposición van itinerar polos outros tres museos da Rede Museística, de xeito que todas e todos os lucenses poderán achegarse á historia da nosa nación, como tamén debera achegarse esta parte da nosa historia a poboación do ensino obrigatorio, porque é indignante que aínda hoxe en día os plans de estudo non recollan o ensino desta parte da nosa historia que é fundamental para comprendermos o noso país, porque descoñecer a nosa historia incide na falla de conciencia colectiva da realidade como nación que somos”.

Tal e como explicou o comisario Marcos Maceira, que xunto a Fran Rei coordinou a mostra, “a información que se ofrece a través dos paneis permite ao visitante non especializado obter unha visión xeral e sinxela deste período histórico a partir da cal ampliar información. A exposición está dividida en 3 partes cronolóxicas baseadas nos momentos máis relevantes que primeiro se exhibirá de xeito conxunto no Museo de Lugo e logo itinerará polos museos da Rede. Desta maneira, nunha primeira parte abordarase a liñaxe dos Castro, unha familia á fronte do Reino de Galiza, que logo se desprazará ao Pazo de Tor pola súa vinculación xeográfica coa zona. Noutra parte afondarase nas causas e consecuencias dos movementos irmandiños na Galiza do século XV, unha sección que logo da súa exposición en Lugo pasará á Torre de Narla, en Friol. E por último, no Museo de San Cibrao exporase a parte destinada a explicar o período de resistencia á monarquía dos Reis Católicos onde a figura vinculada á mariña do mariscal Pardo de Cela cobra unha especial relevancia.

Para completar esta información realizarase ademais un ciclo de conferencias coa participación de especialistas en diferentes aspectos da idade media galega, que terán lugar no Museo de Lugo ás 8 da tarde os días 9, 10 e 11 de decembro.

O Reino Necesario 9 de decembro
Conferencia a cargo de Camilo Nogueira Román. Enxeñeiro e historiador. Publicou diversos e amplos artigos sobre a Galiza medieval e é autor entre outras publicacións relevantes para esta cuestión de A memoria da nación. O reino de Gallaecia (2001) ou máis recentemente Para unha crítica do españolismo (2011). Na súa intervención afondará na plenitude política de Galiza como reino de seu en todo o período medieval, aportando novos elementos á crítica da mitoloxía creada pola historiografía españolista.

Galiza, un país con clase dirixente: a perspectiva e alternativa galega na crise peninsular e europa na segunda metade do século XIV 10 de decembro
Por Francisco Rodríguez Sánchez. Catedrático de Lingua e literatura. Conta cunha ampla obra arredor de temas como sociolingüística, Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Eduardo Blanco Amor e historia de Galiza, tema sobre o que ten realizado importantes achegas en diferentes publicacións e conferencias e de xeito especial no realicionado co século XIV. Tratarase o papel dos Castro como principal familia condal galega e que se sitúa á cabeza dunha opción política atlántica que aspira a orientar o reino de Galiza cara o seu espazo natural no plano xeográfico mais tamén no económico e social .

O período de normalidade da lingua galega 11 de decembro de 2013
Por Xosé Ramón Freixeiro Mato. Profesor titular na Faculdade de Filoloxía na Universidade da Coruña. É un dos máximos especialistas na lingua galega no periodo medieval destacando dentro da súa ampla obra de estudo desta cuestión publicacións como Lingua galega, normalidade e conflito (1997), Gramática da lingua galega (1998-2003), Historia da Lingua Galega (2003) ou Os século escuros e a ilustración galega (1996). O experto filólogo verterá luz sobre a lingua galega que acadou normalidade plena ao longo da idade media. Ademais dun amplo desenvolvemento literario foi a lingua de comunicación da administración laica e eclesiástica

Comentarios

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h  ...

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación...