Ir al contenido principal

RECOMENDACIÓN DE ENCARNA LAGO PARA O DÍA 7 DE DECEMBRO NO MUSEO PAZO DE TOR


Este vindeiro sábado, 7 de decembro, ás 12:30 h, presentaremos no Pazo de Tor a mostra colectiva AconTecendo, comisariada por Noemí Cobas. AconTecendo inclúese no proxecto “ENREDARTE: Espazos públicos de Visibilidade” da Rede Museística Provincial, dentro do Programa “Mulleres en / para / por / /desde / ante a Rede Museística”.

Foto: Este vindeiro sábado, 7 de decembro, ás 12:30 h, presentaremos no Pazo de Tor a mostra colectiva AconTecendo, comisariada por Noemí Cobas. AconTecendo inclúese no proxecto “ENREDARTE: Espazos públicos de Visibilidade” da Rede Museística Provincial, dentro do Programa “Mulleres en / para / por / /desde / ante a Rede Museística”.Durante séculos, as labores téxtiles son unha habilidade percibida como pertencente ao sexo feminino, sendo consideradas, ata fai non tan pouco, esenciais para coidar apropiadamente do resto da familia. Por tanto, pese a ser identificadas como femininas, son utilizadas para o beneficio do home e da sociedade patriarcal.
AconTecendo é una mostra colectiva comisariada por Noemí Cobas na que, empregando o téxtil como medio, preténdese cuestionar os roles de xénero impostos na nosa sociedade dende fai séculos. Partindo da rica historia do téxtil no mundo da arte, que vai dende os antigos tapices ata o uso de feltro nas obras de Beuys, os artistas recollidos nesta mostra empregan a sua maneira de ver o arte para ofrecer un novo punto de vista deste medio e do papel da muller, non so na nosa sociedade, senón no mundo do arte.
ARTISTAS PARTICIPANTES:
Jaime van Bergen.
Músico e compositor de movemento browniano e indíxena experimental, semiurbano e multidisciplinar.

Belén Bonilla Omil.
Artista en formación de A Coruña. O seu tema fetiche é o mundo Pop xaponés, aínda que tamén se atopa cómoda noutro tipo de temáticas, que van dende o feminismo ata a búsqueda de identidade persoal e o xogo de roles.

Sara Adelaida.
Graduada na Escola de Estudos Superiores de Deseño Téxtil e Moda de Galiza. As súas coleccións vence influenciadas por Madeleine Vionet, Yves Saint Laurent e a cultura americana. Neste momento son tres as coleccións que realizou, “Bourbbonaiss”, “Tiffany & Combat” e “Cándida Apariencia”

David Crespo.
Artista conceptual que se está a formar na facultade de Belas Artes de Pontevedra. As súas obras xogan co minimalismo e o arte póvera e en todas elas o título da obra confírelle sentido á mesma.

Paloma Madox.
Estudiante de arquitectura, belas artes e deseño de moda. Recén chegada de un período de estudos el Londres, actualmente dedica a súa obra, que consta principalmente de escultura, videocreación e pintura, a aunar as suas tres disciplinas de estudo, enmarcadas na nova cultura pop do século XXI e o Net Cult
Julia Huete Iglesias. 
Formada na facultade de Belas Artes de Pontevedra. Os seus últimos traballos en textil abarcan tanto o figurativo como o abstracto ao atoparse nunha fase experimental cunha técnica tan chea de posibilidades como é a mesma.

Comentarios

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h  ...

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación...