D. Antonio Veiga Outeiro,
vicepresidente da Deputación de Lugo, e no seu nome D. Mario Outeiro Iglesias, deputado delegado da Área de Cultura e Turismo, teñen o pracer de invitalo/a á presentación da peza A ZANFONISTA (Homenaxe a Isaac Díaz Pardo) que reinterpreta a figura central de O concerte de zanfona (1946), deseñada polo Laboratorio de Formas de Galicia con motivo da exposición A vangarda das formas. Obra cerámica de Isaac Díaz Pardo, acto que terá lugar o vindeiro xoves, 19 de decembro de 2013, ás 19:00 horas, no Museo Provincial de Lugo. |
Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo. Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra , por Cándido Pazó Visita guiada 16:00 h: Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ” Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h ...
Comentarios
Publicar un comentario