Ir al contenido principal

MAÑA MODERAREI A MESA DAS I XORNADAS LUCENSES DE ACCESIBILIDADE AO PATRIMONIO E PROMOCIÓN DO TURISMO ACCESIBLE NA REDE MUSEÍSTICA MUSEO DE LUGO ORGANIZADAS POR AUXILIA

Este venres, 8 de novembro de 2013, vaise desenvolver no Museo Provincial de Lugo a I Xornadas Lucenses de Accesibilidade ao Patrimonio e Promoción do Turismo Accesible. Entrada libre, ata completar aforo.
Con estas xornadas, AUXILIA Lugo pretende conxugar dous aspectos, os cales non poden ser separados, son complementarios: a accesibilidade ao patrimonio vai ligado estreitamente á promoción do turismo para todos.
Débese facer un plan de actuación para lograr os máximos niveis posibles de accesibilidade sobre o patrimonio, aproveitando a rehabilitación de edificios e monumentos para incluír accesibilidade e así adaptar o seu acceso ás persoas con algunha discapacidade.
O acceso ao turismo e ao lecer é un dereito que un gran número de persoas, entre elas as que teñen algunha discapacidade, non pode exercer con normalidade
Conseguir un turismo accesible xorde da reivindicación do dereito da poboación con discapacidade á autonomía e integración tamén no lecer e no turismo. A posibilidade de acceso á oferta turística para as persoas con discapacidade non debe entenderse nin utilizarse como un elemento de segregación deste colectivo, senón que debe ser visto como un avance da comodidade para todos os usuarios.

OBXECTIVOS DAS XORNADAS
Concienciar á cidadanía sobre a importancia da accesibilidade universal como elemento de igualdade social
Desde o máximo respecto e sendo conscientes da súa complexidade, reivindicar actuacións para lograr a máxima accesibilidade posible sobre o patrimonio monumental para garantir o dereito de todas as persoas, independentemente das súas capacidades, de gozar da nosa herdanza cultural .
Expor exemplos de boas prácticas en materia de promoción do turismo accesible
Beneficios e vantaxes do turismo accesible
Promoción de Lugo como cidade para todos

Organizan: Auxilia, Aspaym Galicia e concello de Lugo
Colaboran: Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo e Rede Museística Provincial
»»(» Programa completo) 
Enlaces de interese:
2076_PROGRAMA I Xornadas lucenses de Accesibiloidade ao patrimonio.jpg



< voltar

Comentarios

Entradas populares de este blog

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación...

Mapa conceptual sobre la pedagogía del SXXI