Ir al contenido principal

Mañá, mércores, 26 de xuño, ás 20:00 horas, inauguración da exposición Estar, de Jesús Otero-Yglesias na Sala de Exposicións do MPLugo (Invitación) Nunha ocasión preguntáronlle ao artista francés Marcel Duchamp, ao que André Bretón tiña por un dos homes máis intelixentes do mundo, que necesitaba a arte moderna para ser máis accesible e máis popular entre a xente. A resposta de Duchamp non puido ser máis simple e sorprendente: “cadeiras”, o que o mundo da arte precisaba era realmente unha situación de maior comodidade, facilitar o “estar” diante da obra de arte sen que parecese que un ía en tránsito ou “de paso”.

JESÚS OTERO-YGLESIAS. Lugo, 1963
Jesús Otero-Yglesias medrou e estudou en vairas cidades galegas, e formouse, en distintos
talleres e cursos, con algúns destacados artistas internacionais como Jannis Kounellis, Joan Fontcuberta
ou Gabriel Orozco. Despois de formar parte de distintos colectivos artísticos, comeza unha carreira en
solitario a partir do ano 1986. Inicialmente dedicado á pintura, na que intenta unha continuación do xénero
paisaxístico galego, con obras de resonancias simbólicas e formalmente minimalistas, irá derivando cara
a unha maior preocupación polos obxectos, a instalación e as accións, onde mostra o seu interese pola
percepcion ampliada da realidade, a ironia conceptual ou os xogos de linguaxe, así como polo uso do
humor ou a ambigüidade.
A utilización de elementos cotiáns ou banais, extraidos da propia actividade ou do contorno, é
unha das constantes coas que traballa. Estes elementos son utilizados para transmitir contidos relativos
ao concepto de tempo, de espazo, do oculto, da identidade, etc., pero, ao mesmo tempo, cando se
incorporan ao museo, son utilizados para poñer baixo crítica a propia institución ou o espazo no que se
situan, sen deixar de servir para o que é a súa utilidade habitual.
Na sua obra reflexiona sobre as connotacións da propia actividade artística (o traballo do taller,
o espazo caótico, a inconcreción do obxecto, etc), así como sobre os procesos de pensamiento ou
artesanais que leva consigo. Cando traballa en institucións adoita especular sobre o papel e as condicións
de exhibición da propia institución, forzándoas, facendo uso doutros espazos ou materiais da institución
ou implicando novas condicións de traballo.
Ten un grande interese en atopar vias de comunicación entre o museo e o seu exterior. Por iso
rocorre a miúdo á análise dos espazos e características que rodean o museo ou estiveron implicados na
súa fundación, ou ponos en confrontación con materiais extraídos de contornos degradados externos ao
museo, como o lixo, ou utiliza, baixo premisas museísticas, obxectos da vida cotiá ou pouco habituais.

Comentarios

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h  ...

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación...