Ir al contenido principal

“A Imaxe Reb/Velada 2012. Debuxos e fotografías de Baldomero Pestana”, que estará aberta ao público dende hoxe e ata o vindeiro 14 de xullo no Museo do Pobo Galego.

O delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro, inaugurou, esta tarde, xunto coa xerente da Rede Museística Provincial, Encarna Lago, a exposición “A Imaxe Reb/Velada 2012. Debuxos e fotografías de Baldomero Pestana”, que estará aberta ao público dende hoxe e ata o vindeiro 14 de xullo no Museo do Pobo Galego.

Esta mostra xorde a través do programa de Proxeccións Artísticas da Rede Museística da Deputación de Lugo, que promove o coñecemento dos artistas e creadores lucenses alén da nosa provincia e que nesta ocasión achega os debuxos e fotografías de Baldomero Pestana a Compostela.

Neste senso, Mario Outeiro explicou que “ese papel que xoga a área de Cultura da Deputación á hora de pór en valor os nosos artistas, non é algo novo no caso deste fotógrafo e pintor lucense, xa que, no ano 2008, o Museo de Lugo, dentro da programación de actividades con motivo do 75 aniversario do centro, acolleu a primeira exposición, en Galiza, dedicada en exclusiva aos traballos realizados por Baldomero Pestana e editou o primeiro catálogo que recompila súa obra, o que supuxo un gran pulo na recuperación da súa figura”.

A exposición constitúe unha brevísima antoloxía da súa ampla produción, e preséntase agrupada en tres seccións. A primeira, baixo o título de ‘Personaxes’, reúne fotografías de persoeiros ilustres que posaron para a súa cámara, como Bioy Casares, Borges, Bryce Echenique, Gillespie, Carlos Fuentes, García Márquez e Laxeiro, entre outros. Baixo o rubro ‘Fotos Artísticas’ móstranse imaxes tomadas entre 1959 e 1981 nos puntos máis distantes do ancho mundo. A terceira e última sección, denominada ‘Debuxos’ está formada por obras realizadas a lapis sobre papel Brístol entre 1979 e 1992.
No referente á obra, Outeiro destacou a mirada crítica e social do artista e resaltou a figura de Pestana como retratista pondo en valor “a súa grande habilidade en canto os seus retratos amosan algo máis que a parte física da persoa, chegando a reflectir a súa vida interior, ofrecendo, así, algo diferente do que creaban os seus coetáneos e que non obedecía a ningunha corrente artística”.

Comentarios

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h  ...

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación...