Ir al contenido principal

O proxecto Enredarte porá a disposición de artistas e creadores as instalacións culturais da Deputación


O delegado da Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro, presentou esta mañá no Museo de Lugo o proxecto Enredarte,  un proxecto global que aglutina cinco iniciativas para incentivar a creación, promoción e difusión das artes visuais, escénicas, musicais, literarias dotando aos artistas de espazos culturais para as súas creacións. Na presentación do proxecto tamén participou Encarna Lago, xerente da Rede Museística e coordinadora do mesmo proxecto e preto de corenta artistas que quixeron participar nesta presentación pública dun ilusionante programa que bota a andar.  

Na súa intervención, Mario Outeiro afirmou que “con este proxecto tan ambicioso cremos que cumpriremos cun dos obxectivos de toda instancia e administración cultural, fornecer aos novos artistas e creadores, aínda que tamén aos consagrados, duns espazos óptimos para mostrar ao público as súas creacións, co que os dotamos dos medios necesarios para pór en valor o seu traballo. Porén, ademais de plataforma para visualizar os traballos duns artistas determinados, EnredArte é tamén un acicate para promover a creación artística, xa que xurdirán novos proxectos creativos a raíz deste proxecto porque os artistas veranse animados e, ademais, isto tamén axudará a pór en valor os espazos museísticos e os fondos dos propios museos da Rede. Por todo isto, creo que estamos diante dun proxecto dunha envergadura moi grande xa que abrangue todas as esferas artísticas e desde todos os puntos de vista: creación, difusión, posta en valor de novos artistas e de espazos culturais singulares. Non podemos máis que traballar e desexar que sexa o éxito que todas e todos agardamos”.  

Tal e como explicou Mario Outeiro, este proxecto desenvolverase ao longo do segundo semestre deste ano e componse “de cinco iniciativas para incentivar a creación, promoción e difusión da arte: diálogos na Rede, Espazos públicos de visibilidade, Estudio Aberto, I Simposio Arte e Natureza no Pazo de Tor e SAUDARTE, que darán vida a todos os espazos da nosa Rede Museística e o último, Saudarte, que será unha ocupación temporal do edificio do Hospital San Xosé seguindo o ronsel do exitoso proxecto EntoleArte que enchera o antigo psiquiátrico de Castro de propostas artísticas de case un cento de artistas”.

Espazos públicos de visibilidade - 1 de xuño a 31 de decembro de 2013 - Museos da Rede Museística
 Os Museos da Rede ofrecen os seus espazos  dispoñibles para a presentación diante do público de calquera proposta artística : teatro, música, danza, humor,… Haberá unha convocatoria para a presentación de proxectos individuais ou colectivos. Cos proxectos seleccionados establecerase un calendario de actuacións en distintos espazos (pechados e abertos) dos catro museos. A Rede Museística Provincial organiza o programa, facilita os espazos e ocúpase da promoción e difusión de todas e cada unha das intervencións.             

Estudio aberto - 1 de xullo a 31 de agosto de 2013 - Sala de exposicións da Deputación de Lugo
 Concibido para artistas plásticos de diferentes disciplinas: pintura, escultura, debuxo, instalación, fotografía, videocreación. A Sala de exposicións temporais do Pazo de San Marcos converterase, durante dous meses, nun estudio aberto no que os artistas, elixidos mediante convocatoria pública, disporán dun espazo para crear diante dos visitantes, en diálogo directo con eles e cos outros  creadores seleccionados.   

I Simposio Arte e Natureza no Pazo de Tor - xullo de 2013 - Pazo de Tor
 Xornadas de traballo no pazo de Tor arredor da arte e da natureza. Admitiranse proxectos de artistas que fan arte terrestre ou de integración das artes na natureza, especialmente aqueles que traballan con madeira, terra, pedra, area, auga, rocas … e que adapten as súas ideas concretas de traballo á contorna do Pazo de Tor e ao diálogo co público. Un xurado seleccionará a catro artistas entre os que presenten as súas propostas. Tamén estará aberta a posibilidade de presentar relatorios en relación co tema do simposio.   

SAUDARTE - setembro de 2013 - Hospital de San Xosé de Lugo
 Proxecto para un edificio que foi hospital e que non ten aínda un destino de uso definido para o futuro. Trátase de abrir temporalmente as súas dependencias  para presentar  todo tipo de intervencións e propostas artísticas en diferentes eidos creativos: artes visuais, escénicas, musicais, literarias …. Un xurado cualificado seleccionará trinta propostas, individuais ou de grupo, para intervir neste proxecto que segue o ronsel  do que tivo lugar no tamén pechado Hospital Psiquiatrico San Rafael de Castro: Entolearte.   Valoráranse especialmente (pero non de xeito excluínte)  aqueles proxectos que, en relación co antigo uso do espazo expositivo,  fagan referencia á enfermidade e a saúde ou aos valores curativos da arte.

Audios

Comentarios

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h  ...

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación...