Ir al contenido principal

ENCARNA LAGO ASISTIRÁ A II FIEC

http://www.fiec-cidadedacultura.org/index.php?idMenu=5&idIdioma=2

A Cidade da Cultura de Galicia celebra a segunda edición do FORO INTERNACIONAL DE INFRAESTRUTURAS CULTURAIS que terá lugar entre os días 7 e 9 de novembro de 2012 na Cidade da Cultura de Galicia, e que nesta ocasión, co título«A Araña na Rede», centrará a súa atención na relación entre os Museos e as Novas Tecnoloxías.
E que dúbida cabe xa que as tecnoloxías da información sobre a creación artística teñen afectado o modo de acceso do usuario e os seus hábitos de consumo cultural? Os novos sistemas superaron as barreiras espazo-temporais, polo que ofrecen a posibilidade de acceso permanente e dende calquera punto do mundo; foron capaces de integrar e popularizar diferentes formas de expresión artística facéndoas alcanzables a todos; converteron a aldea global nunha cidade dixital; abarataron os custes de produción e de difusión; democratizaron a arte.
As institucións encargadas da custodia e divulgación do patrimonio cultural non se podían manter á marxe destas novidades. Os museos, centros culturais e galerías víronse na obriga de reformularen obxectivos e funcións, así como a súa presencia, a partir de agora dobre: real e virtual. Dobremente tamén poden ser explotadas: cara ao exterior, pois permiten acceder ao museo máis aló dos seus muros e brindar a posibilidade de se proxectaren ilimitadamente; e no interior, para mellorar, completar e explicar as coleccións, integrar múltiples recursos e ofrecer actividades tan variadas como diferentes sexan os visitantes. A resposta ao reto dixital ten sido moi variada: dende o emprego das páxinas web como simple folleto informativo, ata complexas presentacións multimedia, tanto en liña como off-line. Con todo, a maioría destas institucións están aínda moi lonxe de utilizaren nin sequera unha pequena parte das innumerables posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías para explotar o seu patrimonio ou como patrimonio elas mesmas; por outra parte, recean perder visitantes reais a cambio de usuarios remotos, cando en ningún caso é unha experiencia intercambiable: a visita virtual non debe considerarse un sucedáneo da real, senón que se trata dunha vivencia diferente, e que en todo caso potenciaría a real.

Comentarios

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h  ...

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación...