Ir al contenido principal

TALLER DE FOTOGRAFÍA PARA PERSONAS CIEGAS EN LA RED MUSEISTICA

http://www    .m FOTOGRAFÍA A CEGAS, obradoiro de fotografía para invidentes
A fotografía cega
A fotografía é un medio que nos rodea na nosa cotidianeidade, a cámara fotográfica converteuse nun aparello demandado e accesible que nos permite construír imaxes de forma intuitiva polo que non é estraño que unha persoa cega busque achegarse e indague sobre este medio visual.
Ao explicar e mostrar o medio a un cego, é menos sorprendente que queiran facelo, xa que para os cegos o medio non é visual, eles fano a través do tacto, o oído e os procesos cognoscitivos grazas aos que poden comprender e manipular o medio fotográfico, o que fai pensar que non son exclusivos da visión.
A visión é unha construción, a nosa mirada non é instantánea ao momento de nacer. Vemos sen lograr dar coherencia á contorna, polo que o noso cerebro debe dar sentido, por medio da experiencia, do que ve, a vista non domina automaticamente aos demais sentidos, todos traballan en conxunto para asimilar a contorna e aprender a ver.
Non existe un ollo que xulgue o mundo, cada mirada está medida pola experiencia, a cultura e as estruturas cerebrais que a controlan. Ao mesmo tempo, o medio visual imprégnase doutros sentidos e procesos cognoscitivos.
Os museos da Rede Museística tentamos achegar ao imaxinario das persoas invidentes outra maneira de “ver” as obras de arte, unha experiencia pioneira para mellorar a accesibilidade a través da fotografía.

Contidos
-A importancia da fotografía e etapas máis importantes na súa historia.
-Descrición da cámara, dos seus compoñentes e funcionamento dos mesmos.
-Tipos de cámaras. Tipos de obxectivos e a correcta utilización dos mesmos.
-Expoñer correctamente.
-Coñecemento das regras básicas da composición en función do punto de interese.
-Aprender a expresarse mediante imaxes.
-Distintos tipos de luz e como empregala.
-Tipos de accesorios útiles para a toma de fotografías.
-Selección dos temas a fotografar.
-Coñecemento e estudo da obra dalgúns recoñecidos fotógrafos cegos.

>b>OBRADOIROS
Martes, 10 de abril de 2012
Lugar: Museo Provincial de Lugo
Xornada previa de formación para os fotógrafos que imparten o obradoiro a cargo da terapeuta, especilista en Arte-terapia, Mercedes Cabada.

Sábado, 21 de abril de 2012
Lugar: Estudo de Iago Eireos (de 11 a 14 horas)
Construcción da imaxe por medio da luz, a cargo de Iago Eireos.

Venres, 27 de abril de 2012
Lugar: Museo Etnográfico San Paio de Narla (de 11 a 14 horas) e Museo Provincial de Lugo (de 16 a 18 horas)
Naturezas mortas e composición, a cargo de Germán Limeres.
Introducción aos contidos museísticos e contextualización da obras seleccionadas, a cargo de Encarna Lago.

Venres, 4 de maio de 2012
Lugar: Museo Provincial do Mar, San Cibrao-Cervo (de 11 a 14 horas).
A figura na paisaxe, a cargo de Xosé Reigosa.
Introducción aos contidos museísticos e contextualización da obras seleccionadas, a cargo de Encarna Lago.

Sábado, 12 de maio de 2012
Lugar: Museo-Pazo de Tor (de 11 a 14 horas)
Fotografía de sentidos non visuais no entorno natural, a cargo de Antonio López Losada.
Introducción aos contidos museísticos e contextualización da obras seleccionadas, a cargo de Encarna Lago.

DOCUMENTAL
Coas distintas fases e obradoiros do proxecto eleborará un documental Henrique Lamas.

EXPOSICIÓN
Os días 7, 8 e 9 de xuño (coincidindo coa celebración nos museos da Rede Museística das 17ª Xornadas DEAC) expoñeranse os traballos resultantes no Museo Provincial de Lugo, Museo Provincial do Mar (San Cibrao, Cervo), Museo Etnográfico San Paio de Narla (Friol) e Museo Pazo de Tor (Monforte de Lemos).

INVIDENTES INSCRITOS
Trinidad Canosa
Eladio Fernández
Antonio Fernández
Antonio López
Ángeles Miguélez
Manuel Paz Sánchez
Pilar Yáñez

Fotógrafos: Iago Eireos, Xosé Reigosa, Germán Limeres e Antonio López Losada.
Tearapeuta: Mercedes Cabada.
Coordinación do proxecto: Encarna Lago, xerente da Rede Museística da Deputación de Lugo.
Enlaces de interese:
1716_Programa_Fotografía a cegas.pdf


useolugo.org/documentos.asp?mat=22&id=1719

Comentarios

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h  ...

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación...