http://www .m FOTOGRAFÍA A CEGAS, obradoiro de fotografía para invidentes O vicepresidente da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, xunto coa xerente da Rede Museística, Encarna Lago, presentan o obradoiro para invidentes Fotografía a cegas que se desenvolve nos catro museos da Rede Museística nos meses de abril e maio de 2012. Trátase dunha experiencia pioneira na que particiapn 7 invidentes, a terapeuta, Mercedes Cabada, os fotógrafos, Iago Eireos, Germán Limeres, Xosé Reigosa e Antonio López, e que rematará no mes de xuño coa exposición dos traballos realizados e a elaboración dun documental a cargo de Henrique Lamas. A entrada é libre e gratuíta. + info sobre o programa e contidos A fotografía cega A fotografía é un medio que nos rodea na nosa cotidianeidade, a cámara fotográfica converteuse nun aparello demandado e accesible que nos permite construír imaxes de forma intuitiva polo que non é estraño que unha persoa cega busque achegarse e indague sobre...