Ir al contenido principal

Quen lle da a volta á tortilla? Homes, mulleres, xénero e roles nas coleccións de tres museos provinciais

_MG_9565.jpgQuen lle da a volta á tortilla?
Homes, mulleres, xénero e roles nas coleccións de tres museos provinciais.

Esta exposición desenvólvese no marco de un proxecto basado en dous eixos principais:
Tres obradoiros teórico-prácticos que cuestionan os discursos lexitimados nas coleccións de arte clásica  unha reinterpretación de 9 obras seleccionadas nestes obradoiros por 9 artistas contemporáneos desde una perspectiva de xénero.

Os artistas  implicáronse nun proceso de reflexión xunto ao Colectivo Medusa Mediación e os participantes dos obradoiros nas súas localidades, para finalmente crear unha obra cunha visión crítica e persoal.
O resultado é unha exposición tan diversa e heteroxénea como os discursos que coexisten  na actualidade sobre o xénero.

   Amancio González reinterpreta o mosaico romano de “Hilas e as Ninfas”, nela presenta á muller como un ser manipulador cuxa arma de poder é  a seducción, que alenta as paixóns alonxando ao home da razón.
Esta visión  contémplase na teoría da represión de Freud onde todos os  traumas proveñen dos desexos reprimidos e as relacións que se establecen entre homes e mulleres nunha loita de poder.


    A obra de Chelete Monereo, basada en “Céfalo e Procris”, orixinal do século XVII,  tece un mapa sobre os protagonistas da escea  que nos mostra a complexidade das relacións e todos os elementos que compoñen, afectan, interfiren nestas, plantexando unha cuestión, Canto hai de natural e cuánto de construido nas emocións? Como podemos traballar a xestión das mesmas?

  Esther Santás evidencia nunha linguaxe contemporánea unha parte da historia que non aparece na táboa orixinal, aquela na que Santa Catalina convence aos 50 sabios do seu dogma, costándolle múltiples torturas e morrer decapitada. Un relato que nos cuestiona: Desde cando se percibe a intelixencia feminina como unha ameaza?

A obra de Nadir  fálanos sobre o camiño cara a igualdade de dereitos e a emancipación da muller. Pone en os lastres que carrexamos debido á tradición xudeo-cristiá. No seu lenzo encontramos a representación dunha maternidade forzosa e un pensamento patriarcal e represivo.

Entre outros numerosos símbolos e alusións, presenta un mundo veloz nos seus avances  pero lento aínda na súa transformación do pensamento.

   Paula Cabaleiro traballa co “envoltorio”: o espazo, as vestiduras como capa última onde se manifiesta a identidade fronte ao outro. Unha transformación superficial que afecta profundamente ao individuo. Á súa vez traslada as emocións de soedade, esgotamento e frustración dunha muller de clase obreira a unha muller de clase alta, con elo  suxírenos que as esixencias sociais poden ser cárceres que van máis aló da posición social. É nos feminismos da primeira vaga donde se establece esta identificación entre mulleres de distinta clase que se unen para loitar pola igualdade dos seus dereitos.

  Estas ideas de  condicionamento de xénero e clase social deterministas,  atópanse tamén na obra de Noa Persán. Na súa reinterpretación do retrato de Dna.  Mª de Paz y Taboada de Enrique Navarro, a muller decide liberarse de todo aquelo que coarta a súa liberdade: os prexuízos, a falsa moral, os cánones de beleza herdados de xeración en xeración e cuxas lóxicas  continúan a se repetir na actualidade .

  Ana Martínez parte das cargas que levan as mulleres do cadro “Un día Más” de Inocencio Medina Vera e revisa os discursos sobre o  xénero desde unha perspectiva autobiográfica.
Unha muller portadora de unha arquitectura construida ao longo da Historia. As dicotomías: branco-negro, home-muller, corpo-mente, rosa-azul; o dogma científico: “capacidade reprodutiva”, “patoloxías sexuais”, “condicionamiento xenético”. Cargas mutadas e mutables, espacios para a identidade, construidos ou gañados á historia,  Tras acadar a igualdade de dereitos entre homes e mulleres contémplanse outras necesidades e, paseniño,  a arquitectura contempla o imprevisible, acolle o diverso. Esta muller, á súa vez, camiña pola vida e as súas mulleres do pasado, ilumina o camiño para seguir avanzando. Tratar de comprender é o que lle permite analizar.

Iago Eireos  traslada ao momento actual a obra “A Escola de Doloriñas” de Julia Minguillón. Na primeira  móstrase unha aprendizaxe compartida entre nenos e nenas de distintas idades. Na obra de Iago  cuestiónanse as controversias  sobre o xénero asignado. Ofrece un lugar ao ambiguo fronte aos determinismos, crea un  espazo que modela as actitudes, mostra as dificultades que entraña superalos xuízos, o illamento, e unha construción da identidade que desemboca no desanvolvemento persoal. Unha visión transxénero e un posicionamento crítico sobre a responsabilidade do sistema educativo na construción das sociedades.

Na reinterpretación da “Odalisca” de Gaya por  Sergio Sotomayor desfaise da pel da sexualidade.  Plantéxanos estas  divisións como unha especialización da evolución das especies en contínuo cambio. Máis alá de homes ou mulleres somos unidades compuestas por outras centos de miles, conformando novos conxuntos que se amplifican até infinito. Una cosmovisión que sostén unha idea da vida como un agregado contínuo.

Nove obras, nove voces en discusión para unha reflexión común. A análise das nove obras Clásicas repensadas invítannos a mirar cara dentro e replantexarnos as ideas asumidas sobre a nosa identidade. Somos homes? Somos mulleres? Pódese Ser no  Século XXI?

Proxecto en rede do Colectivo Medusa Mediación en colaboración co Museo de León,  Museo de Belas Artes de Murcia MuBAM e a Rede Museística Provincial de Lugo subvencionado polo  Ministerio de Cultura.
 _MG_9561.jpg_MG_9573.jpg

Comentarios

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h  ...

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación...