Ir al contenido principal

DIA INTERNACIONAL DO ALZHEIMER NA REDE MUSEÍSTICA













DEPUTACIÓN  DE LUGO

VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA

Área de Cultura e Turismo

San Marcos, 8 - 27001  LUGO   Telf: 982 26 00 00  /Fax: 982 26 01 65


Comunicación e Xestión Cultural/ Rede Museística Provincial
Praza da Soidade, s/n. -  27001 LUGO Telf.: 982 24 21 12/ Fax: 982 24 02 40 info@museolugo.org /www.museolugo.org


NOTA DE PRENSA

DÍA INTERNACIONAL DO ALZHEIMER 2011 no MPLUgo
Mércores, 21 de setembro de 2011

A Vicepresidencia primeira da Deputación de Lugo, Áreas de Cultura e Turismo e Benestar Social, a través das museos integrados na Rede Museística e en colaboración con AFALU (Centro de Día de Alzheimer e outras Demencias Neurodexenerativas), súmanse aos actos conmemorativos do Día Internacional do Alzheimer 2011 cunha programación específica coa que se pretende a sensibilización social arredor desta doenza que ten na memoria, no deterioro da memoria e das función cognitiva, condutora e motora as principais consecuencias. Os museos son, precisamente, espazos de acordanza, lugares onde se custodia a memoria do noso pasado, institucións onde se pode estimular, e de feito así é, a recuperación dunha facultade tan fundamental para a nosa vida como é traer ao presente os obxectos dun tempo xa vivido.

PROGRAMA
17:30 h.: Presentación dos programas (Nobelo da memoriaTirando do fío,Álbum da memoria compartida e Memoria do pan) que con enfermos de Alzheimer se viñeron desenvolvendo nos museos da Rede Museística, porEncarna Lago , xerente da Rede Museística da Deputación de Lugo.

18:00 h.: Mesa redonda: Alzheimer, a enfermidade do Esquecemento &Museos, centros de Memoria.
Participan: María del Carmen Pena Ledo (presidenta de AFALU), Elisa Fernández (psicóloga de AFALU) e Encarna Lago, xerente da Rede Museística da Deputación de Lugo.

18:30 h.: Proxección a cargo de AFALU (Centro de Día de Alzheimer e outras Demencias Neurodexenerativas) da película: Bicicleta, Cuchara, Manzana, dirixida por Carles Bosch.
 
Mesa informativa: AFALU (Centro de Día de Alzheimer e outras Demencias Neurodexenerativas) atenderá unha mesa informativa nas dependencias do MPLugo durante a tarde para atender as consultas de todas as persos que o soliciten.

Retrasmisión da xornada en directo:  Estes actos serán retransmitidos por Streaming; poderán ser visionados en tempo real tanto nos outros museos da Rede como a través de internet

Máis información:
Museo Provincial de Lugo
xerencia-redemuseos@deputacionlugo.org/ tfno: 620 280 203 / 982 24 21 12

Comentarios

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h        Haberá agasallos para as persoas visitantes que se acheguen ao museo nesta data.         Botella ao mar De 18:00 a 20:00 h: Obradoiro literario a cargo de Paco Rivas . Todas as mensaxe

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación Creati