Ir al contenido principal

EDICIÓN CRÍTICA DO PRIMEIRO CANCIONEIRO GALEGO "Ayes de mi Pais" no Pazo de Tor

Ayes de mi Pais
EDICIÓN CRÍTICA DO PRIMEIRO CANCIONEIRO GALEGO

"Ayes de mi Pais" no Pazo de Tor

04/01/2011
Este sábado 8 de xaneiro preséntase "Ayes de mi Pais" de Marcial de Valladares, o primeiro cancioneiro musical galego coa edición crítica recentemente publicada por José Luis do Pico Orjais e Isabel Rei en Dos Acordes. A presentación será no Pazo de Tor (Monforte) ás 20 .30 h. Haberá un recital de guitarra de Isabel Rei interpretando pezas do cancioneiro.
O Pazo de Tor, nas inmediacións de Monforte, acollerá a presentación do 1º Cancioneiro galego de musical, coetánea de pezas populares até agora inédito na súa versión completa. Precisamente nos ambientes da fidalguía pacega foi onde se desenvolveron as sensibilidades e se reinterpretaban estes temas nas soirées ou veladas musicais a mediados do século XIX, moi á moda europea nesta altura. Por esta razón haberá un pequeno concerto de guitarra no acto de presentación.

Marcial Valladares e a súa familia, mantiñan esta costume no seu pazo de Vilancosta (A Estrada) e froito das recolleitas de campo sobre o folkore galego e a súa relación con outros intelectuais e músicos da época, conseguiu formar unha colección de cantigas e melodías moi ricas que nunca se publicaron na súa integridade e que agora ven a luz nunha exhaustiva edición do historiador José Luis do Pico Orjais e a da intérprete e investigadora Isabel Rei. Unha publicación moi completa cunha ampla contextualización histórica e material gráfico así como as partituras orixinais e unha transcrición moderna das mesmas.


Marcial Valladares (1821-1903) foi xornalista, poeta, novelista e lexicógrafo galego.
Autor do famoso Diccionario gallego-castellano (1884) con 11.000 verbas que recolleu entre 1850 e 1884, ao que incorporou como referencia 240 cántigas e 460 textos en prosa, na súa maioría literatura popular.
No ano 1970 a Real Academia Galega adicaralle o "Día das Letras Galegas". O 'Señor de Vilancosta' foi, sen dúbida, un dos escritores máis prolíficos do Rexurdimento. Como novelista foi o primeiro en publicar en galego (“Maxina ou a filla espúrea”), obra inicial da narrativa galega.

José Luis do Pico Orjais, é mestre, músico e historiador. Foi Profesor de Teoría e Método do Conservatorio Folque de Lalín, fundador do grupo Leixaprén e membro habitual do grupo de Maria Manuela. Autor de numerosas conferencias sobre o folclore e o, ten publicado diferentes artigos en revistas especializadas sobre patrimonio musical e historiografía dos cancioneiros galegos, tendo publicado a edición crítica do cancioneiro de Inzenga.
http://ilhadeorjais.blogspot.com/

Isabel Rei Sanmartim é profesora de guitarra no Conservatorio Superior de Música da Coruña. Intérprete profesional e internacional (Bélxica, Alemaña, Italia, Portugal,..) e gañadora de numerosos premios para o seu instrumento.
http://isabelrei.com/

Comentarios

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h  ...

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación...