Ir al contenido principal

PERSOAL DE TRES DOS MUSEOS DA REDE DE LUGO ADHIRENSE A CAMPAÑA DOODLE4MUSEUMS:"Con el fin de que el Día Internacional de los Museos esté también presente en la red, se propone la campaña DOODLE4MUSEUM, que tiene como objetivo conseguir que Google, principal buscador de información en la red y uno de los portales de Internet más visitados, desarrolle un Doodle conmemorativo de este día"

http://doodle4museums.files.wordpress.com/2011/02/pdf-gal.pdf
Dende 1978, cada 18 de maio, celébrase o Día Internacional do Museo, unha iniciativa 
auspiciada polo International Council Museum (ICOM) coa fin de achegar os museos á 
sociedade, dar a coñecer os seus valores e amosa-las iniciativas que levan a cabo. Cada 
ano, os distintos museos de todo o mundo organizan diversas actividades ao redor deste 
día, creando unha cita de encontro anual.
Pero na actualidade o público cambiou e a sociedade na que vivimos experimentou 
importantes transformacións polo desenvolvemento tecnolóxico. Hoxe non hai dúbida da 
importancia de Internet e de cómo revolucionou as nosas vidas converténdose nunha das 
principais fontes de comunicación e información. 
Coa fin de que o Día Internacional dos Museos estea tamén presente na rede, proponse 
que a campaña  DOODLE4MUSEUM, que ten coma obxectivo conseguir que Google, 
principal buscador de información na rede e un dos portais máis visitados, desenvolva un
Doodle conmemorativo dese día.  
Google e o seu deseñador Dennis Hwang realizaron nos últimos anos varios doodle para 
conmemorar diversos días internacionais, coma o día Mundial da Agua ou o Día 
Internacional da Muller. Tamén se achegou ao mundo da arte realizando doodles 
inspirados na obra de destacados artistas, coma Van Gogh ou Munch.
Os doodles conmemorativos sustitúen ao logo habitual de Google durante o día sinalado 
e son difundidos, alén do mesmo portal de Google, por medios de comunicación dixitais, 
sitios web e blogs que se fan eco do evento.
A campaña DOODLE4MUSEUM  ten coma fin conseguir axunta-los esforzos de tódolos 
museos, e especialmente dos que están presentes en Internet, de tódolos profesionais 
que empregan a rede e de tódalas persoas interesadas nos museos para tentar conseguir 
que este día se celebre tamén no entorno virtual.
O achegamento á cultura iníciase coa toma de conciencia sobre si mesma. Por iso, o 
obxecto desta campaña é precisamente ese, que os milleiros de internautas que 
diariamente empregan Google coñezan a existencia do Día Internacional dos Museos e 
se interesen por participar nel.
A implicación de tódalas persoas que se encargan da difusión dos museos a través das 
redes é precisa para que este iniciativa surta efecto, polo que se agradecería a súa 
implicación na mesma e a súa colaboración para difundila.
Síntase libre en todo momento de empregar ou modificar esta información coma estime 
oportuno e de realizar as propostas que considere axeitadas. Non esqueza consulta-las 
diferentes formas de participar nesta iniciativa para que un Doodle conmemore na rede o 
Día Nacional dos Museos.
www.doodle4museums.net          www.twitter.com/doodle4museums         www.facebook.com/doodle4museums

Comentarios

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h  ...

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación...