Museo Provincial do Mar
Un museo de todos para todos
“os facedores de mundos”
San Cibrao é terra de mar. É unha península, unha lingua de terra que sae sen medo ó encontro do mar. Duro, perigoso, bravo, escravo..., mais tamén unha porta aberta a novos horizontes, incertos mais tamén esperanzadores.
San Cibrao foi berce de facedores de barcos e de homes afoutados, que a bordo deles peneiraron o mar para sacar del os seus froitos e foron quen de navegar ata lonxanos mundos.
Mundos descoñecidos, mundos da memoria, historias senlleiras que forxan a identidade e o carácter dun pobo.
Historias para ser contadas...
O noso Museo do Mar é o seu mellor narrador. Así, desde hai máis de corenta anos, este museo que nunca deixou de ser escola, leva da man ós seus visitantes polo ronsel de pisadas deixadas polos nosos devanceiros, os facedores de mundos.
Comentarios
Publicar un comentario