Ir al contenido principal

Rede de historias. Xogo de rol: Os irmandiños Twister da diversión histórica.Obradoiro de cestería en San Paio de Narla

 
OBRADOIROS DE VERÁN 2010  SAN PAIO DE NARLA


Rede de historias. Xogo de rol: Os irmandiños
Twister da diversión histórica en San Paio de Narla
  

 



 

OBXETIVOS DA UNIDADE DIDÁCTICA “A REVOLTA DOS IRMANDIÑOS II”
·                 Aprendan a entender a continuidade dunha historia, que non acaba nun punto senón que pode ter múltiples enfoques e perspectivas de visión.
·                 Coñecer  a importancia e o significado de personaxes galegos ilustres como Pero de Soutomaior.
·                Aprender a diseñar estratexias para lograr vencer nun xogo.
·                Saber gañar e perder con deportividade.
·                Aceptar un rol e aprender a escenificar o seu comportamento.
·                Descubrir como a historia pode ser unha boa ferramenta de aprendizaxe de forma lúdica e entretida.
·                Aprender  a importancia de xogar en equipo.
·                Saber actuar en coordinación e con coperación.
·                Esforzarse e ver o satisfactorio que é a recompensa.

De momento estas pautas de xogo de rol son provisionais, habida conta de que índa faltan  nenos e nenas por apuntarse ou por darse de baixa. Pero o que está escrito e ven a continuación, é para que te fagas unha idea de que como está plantexada a idea.

A LOITA DOS IRMANDIÑOS: A REVANCHA
Non toda derrota é oportuna nin toda vitoria é duradeira, qué por qué digo isto?  Porque meus queridos benfeitores, bando dos humildes e nobres campesiños, o ano pasado, fartos das inxustizas ás que vos sometían os nobres, decidistedes prantar cara. Todo o mundo quedou admirado da vosa valentía e decisión no campo de batalla, como fostedes capaces de vencer o exército de Vasco das Seixas e facervos coa fortaleza de San Paio de Narla. Pero, avísovos, corredes perigo, por todos é sabido que os nobres estánse reorganizando en Portugal capitaneados por Pero Madruga para voltar a Galicia e recuperar as súas pertenzas.
Os malfeitores tiveron que tragarse o seu orgullo véndose humillados polo que consideraban escoria, a vós os que lles dabades de comer, os que alimentaban os seus cabalos… Os que sempre fostedes ninguneados e desprezados polos nobres que sempre se consideraron superiores, destédeslles unha lección coa vosa vitoria, de cómo da unión e irmandade se fai a forza e se logra vencer. Pero a arrogancia da que fan gala non lles permite agocharse como se fosen cobardes. Non, teñen unha linaxe e un prestixio que defender. Eles fáranvos pagar a vosa ousadía mandándovos reconstruir a fortaleza de San Paio da que derribastedes unha zona da torre de homenaxe da vosa loita, e obrigándovos a recuperar a súa bandeira e estandarte para que volte ondear no almenado da fortaleza. Lugar de onde nunca debeu saír, e baixo a cal aceptaredes sumisos a sorte que vos toque correr.
Tedes que reaccionar e estar atentos, defendervos. Os nobres non vos perdoan que os despoxarades da súas riquezas e que os fixerades abandonar as súas ostentosas fortalezas  que lles servían de morada e fuxir cara Portugal, como seres vulgares e mediocres, sen mando nin autoridade.  Pero advírtovos, os meus secuaces e esbirros estánme avisando de todos os seus movementos e sei que o seu orgullo non vos vai permitir que os sigades mancillando durante moito máis tempo.
Como xa vos dixen, xa están en Galicia, pasaron a fronteira cruzando o río Miño e os seus cabalos corren veloces e rabiosos, devastando toda a herba o seu paso co brío do seu trotar. Non tardarán en chegar a San Paio porque están moi ben organizados e capitaneados polo xenial estratega Pero Madruga. Xa conquistaron as zonas de Betanzos dos Andrade, recuperando as súas pertenzas e obrigando os campesiños e pequenos burgueses a reconstruir pedra por pedra as antigas fortificacións, e a pagar maravedí por maravedí todo aquelo que con tanto celo e ímpetu derribaron.
Se non reacionades pronto o voso xúbilo e ledicia tornarase en tristura, na asfixiante opresión e na desolación. Pero qué é iso?  Non oídes? Non escoitades? Xa están aí!! Veñen a cabalo por Xiá, pronto chegarán a San Paio!!!. Rápido, chamade a Nuno, o voso cabecilla para que vos organice. Irmandiños, désexovos sorte na vosa loita, loitade polo que tanto caro vos custou acadar, POLA VOSA LIBERDADE!!!

Sint o discutir, qué é o que pasa entre o bando dos malfeitores?
-          PERO ÁLVAREZ DE SOUTOMAIOR OU PEDRO MADRUGA (CHRISTIAN): Non podedes permitir que eses porcos e farrapentos campesiños sigan mancillando as vosas posesións. Non o podemos consentir!! Estadesme a oír? Non podemos!. Temos que recuperar o que é noso! Non vos dades conta?.  Polo amor de Deus! A vos Álvaro de Souza que combatistedes en tantas guerras a fronte dun batallón de mercenarios, un home valente e aguerrido, que fas metendo a cabeza debaixo da terra? Es un home ou unha galiña?. Ti es un cobarde. Non mereces levar o nome do ilustre linaxe dos Souza!!!!
-          DONA ÁNXELA DE SOUZA (BRENDA SÁNCHEZ LAMAS) – abadesa benedictina, irmá de Don Álvaro de Souza- Pero! Non perdas a calma e non ouses falarlle así a meu irmán. Lembra que debes moitos favores á liñaxe dos Souza. Sen ir máis lonxe, o meu convento benedictino estivo mantendo as túas tropas cando ti non tiñas un mísero maravedí para atendelo. E concedínche moitas indulxencias cando tiñas medo a morrer no inferno polos teus crimes de guerra.
-          DON VASCO DAS SEIXAS (ALBA CASANOVA CARRIL): Dona Ánxela de Souza, sempre tan impertinente, creo que abusa da confianza e extralimitase en tomar atribucións que non lle corresponden como muller. Cando eu recupere a miña fortaleza de San Paio de Narla, non a quero ver rondando polas miñas terras.
-          DONA ÁNXELA DE SOUZA (BRENDA SÁNCHEZ LAMAS): Señor Vasco das Seixas, moito me temo que terá que soportarme moito  tempo máis. Acabo de recibir o cargo máximo no convento de Guimarei, concedido pola condesa de Berbetouros, aliada dos Ulloa de Pambre cos que teño entendido se leva vostede mal. Así que máis lle vale terme a ben que a mal.
-          DONA CATALINA DE ANDRADE (ANA LÓPEZ ARES): Tedes que disculpar Madre abadesa, o meu marido ten un xenio endemoniado e moitas veces deixase levar por él. Perde toda forza pola boca pero despois é un home razoable cando eu me sento a reflexionar con él.
-          DON ÁLVARO DE SOUZA (CÉSAR LÓPEZ TESTO): Queredes calar! Levades todo o tempo intervindo por min, cando o ultraxado fun eu. Escoitame ben, Pero, non ouses falarme así! Está claro, mentecato? Mentres ti estiveches no cárcere, eu estiven planificando a reconquista desde Portugal, entendes?. Teño todo planificado para dar o golpe final e rescatar a nosa fortaleza. Grazas a min hoxe estamos de novo no campo de batalla de San Paio de Narla.E temos unha baza moi importante…
-          DON AFONSO DE AGUIAR (ANDREI AMIL RODRÍGUEZ): E cal é, se se pode saber?
-          DON RODRIGO DE VIVAR (JORGE SANTOS ROADE): Eu tamén quero saber que tés gardado debaixo da manga, que tés pensado?
-          DON ÁLVARO DE SOUZA (CÉSAR LÓPEZ TESTO): Os meus anos de adestramento militar servironme para deseñar unha obra de enxeñería militar: unha catapulta.
-          DAMA BERTA (MENCÍA CASANOVA CARRIL): Iso é perigoso, verdade, mamá?      
-          DAMISELA ALDARA (LEIRE SANTOS ROADE): Non se preocupe, señorita Berta, os soldados e os señores saben o que fan.
-           MONSEUIR ROLAND (BORJA PENA ROIS): Unha catapulta? Iso é xenial! Eu teño dúas persoas que sobreviviron á peste, son inmunes pero transmiten esta enfermidade letal. Só temos que lanzalas contra os pobres e desprevidos campesiños e caerán todos como moscas jaja
-          PESTINA (ANDREA IGLESIAS NÚÑEZ) E PESTINO  (ADA E IREA BLANCO RODRÍGUEZ): Si, estaremos encantados de servir a causa dos malfeitores e exterminar os confiados benfeitores.
-          RISAS AO UNÍSONO: Ja ja ja!!! Ja ja ja!!!
-          DON IÑÍGO MONTENEGRO (LAURA BARREIRO CASAS):Temos que ir á fortaleza e sorprender os irmandiños desarmados e indefensos…

Chega un pelotón de expedicionarios militares dos malfeitores:
-          HUGO, XEFE DOS MILITARES (ROCÍO GARCÍA REGUEIRO): Atención! Traio unha mala nova. Estivemos espiando os irmandiños, e están moi ben organizados. Saben que estamos aquí. Teñen catapultas, tamén teñen comodíns peste negra… Vai ser difícil conseguir vencelos…
-          DON HERNÁN ISSUNZA (LUIS PENA VARELA):Non hai nada imposible, o que temos que facer é observar onde cargan as provisións e os proxectís, roubarllos e deixalos desarmados, sen nada con que facernos frente. Estades todos de acordo conmigo?
-          TODOS: Siii! Longa vida á monarquía! Morte aos irmandiños jajaja Recuperaremos as nosas pertenzas e a fortaleza de San Paio de Narla!!!!



E mentres, que acontece no campamento dos irmandiños?

-          NUNO, CABECILLA DOS IRMANDIÑOS (LUIS MIGUEL MÁRQUEZ CARREGAL): Irmandiños! Acudide pronto, temos que reunirnos todos. Os malfeitores están aquí para recuperar a fortaleza de San Paio de Narla. Temos que amotinarnos, resistir…
-          AFONSO, CRIADOR DE CARNEIROS (ISMAEL MÁRQUEZ CARREGAL): Amodo, Nuno, non é para tanto. Ti cres que atinarían o camiño dende Portugal? Hai moita distancia…
-          RUBÉN, O XASTRE (BORJA MÁRQUEZ CARREGAL): Afonso, non digas tonterías! Súbete ao almenado da torre, como acabo de facer eu agora, e xa os verás acampando no fondo do prado de Xiá, dispostos a combatir e a matarnos. Estás disposto a ver cómo matan os teus fillos e aldraxan as túas mulleres?
-          XIMENA, A TENDEIRA (JENNIFER LÓPEZ VARELA): Por Deus, non me asustedes! Teño medo, qué podemos facer?
-          XELA, A COSTUREIRA (PALOMA): Somos perdidos, se voltan, virán cheos de rabia e rancor. Nós collímoslles todas as súas posesións, e habitamos as súas casas…Non van parar ata ver como arrastramos pedra a pedra todos os sillares para construír de novo a fortaleza, e iso no mellor dos casos…
-          NUNO, CABECILLA DOS IRMANDIÑOS (LUIS MIGUEL MÁRQUEZ CARREGAL): Non, non quero oír como a xente desiste e da todo por perdido, dacordo?.Non quero oír eso para nada, está claro?. Se poidemos vencelos unha vez, tamén poderemos unha segunda vez. Só necesito saber que conto con todos vós, berrade todos xuntos: ESTAMOS CONTIGO!!!!!. Ademais teño un truco…
-          LEONOR, A PANADEIRA (SAMANTHA FRANCO RACAMONDE):  Pero, para un momento, Nuno! Qué ese truco que tés?
-          ALDONZA, A MERCADEIRA (BRENDA FRANCO RACAMONDE): Sí, eu tamén sinto curiosidade por saber que andas argallando, Nuno.
-          NUNO, CABECILLA DOS IRMANDIÑOS (LUIS MIGUEL MÁRQUEZ CARREGAL): Vide, vide todos onda min. Teño diseñada unha catapulta, e dous comodíns de peste negra. Son persoas que resistiron á peste, son inmunes e poden transmitila a outras persoas.
-          ISABEL, A CURANDEIRA (ESTHER PENA VARELA): Sí, pero se os nobres tamén as teñen e nos agreden, qué podemos facer para defendernos?
-          NUNO, CABECILLA DOS IRMANDIÑOS (LUIS MIGUEL MÁRQUEZ CARREGAL): Non vos preocupedes, teremos unha persoa que será o menciñeiro e levará nunhas alforxas un antídoto. Se caes na batalla, só tés que berrar: Menciñeiro, váleme!. E o menciñeiro virá e dárache o antídoto, recuperaraste e poderás seguir combatindo.
-          MENCIÑEIRO (MARTA FERNÁNDEZ GARCÍA): Eu serei o menciñeiro e axudareivos a todos a combatir. Pero é se os nobres me atrapan, que pasará?
-          NUNO, CABECILLA DOS IRMANDIÑOS (LUIS MIGUEL MÁRQUEZ CARREGAL): Amigos meus, ese é un risco que temos que correr, se non queremos que os nosos fillos e fillas sufran a súa furia. Temos que loitar! Irmandiños, estades conmigo?
-          TODOS AO UNÍSONO: Sí!! Loitaremos por defender a nosa familia e o noso orgullo! Morte á monarquía!.
Os irmadiños teñen que ter unha maqueta da torre, unha bandeira ou algo polo estilo agochado que é o que os malfeitores teñen que conseguir para vencer, e viceversa. Pero polo camiño teñen que sortear as catapultas (son cazos de cociña (cos que se revolve a comida) en cuxa cuenca se coloca o globo de auga, dáselle impulso co brazo e lánzase o globo que vai dentro) e os comodíns peste negra. Ambos bandos terán que roubar as provisións do adversario, por exemplo pinchando os globos de auga.


Obxetivos desta unidade de xogo:
·         Estimular a creatividade dos nenos e nenas.
·         Incentivar as capacidades locomotrices e de coordinación, ao ter que coordinar partes do corpo con formas e cores.
·         Aprender a desarrollar a inventiva.
·         Traballar a imaxinación.
·         Traballar o afán de superación para conseguir progresar e ir superándose en cada partida.
·         Coñecer mellor o corpo de cada un para manterse o maior tempo posible en equilibrio.


Para tódolas idades, se ben o axeitado e acortalos grupos en función das idades, é dicir, non é viable que nenos de 4 anos xoguen con nenos de 12 anos, porque os poden esmagar  e mancar.

O xogo consistirá en dispór un taboleiro xigante, no que haberá lunares, sí, pero un tanto especiais. En cada círculo ou lunar dispoñerase un personaxe da fortaleza de San Paio de Narla: Berta, Catalina de Andrade, Vasco das Seixas, a serpe, o namorado de Berta, os vasalos, os criados, as doncelas, os personaxes da Revolta dos Irmandiños (Tomamos San Paio!)…e as pezas máis identificativas da museoloxía de San Paio, así situaranse almireces, pezas de acibechería, pezas de etnografía como a pezoeira, a sella, a lareira…

A carón do taboleiro, haberá un panel en forma de diana máis pequeno con dúas frechas, éste activase xirando e cando para de xirar, mirase onde apunta a frecha, por exemplo Alberte (nome hipotético) xira a frecha:

ALBERTE: Tocoume a frecha no amarelo onde está Catalina de Andrade, e a punta está situada no azul que é onde está un bureau de escribanía.

MONITOR/A: Moi ben Alberte, tés que por o pé no amarelo (onde está un debuxo que representa a Catalina de Andrade) e a man  no azul onde está a peza do bureau de escribanía. Agora van ir meténdose  máis compañeiros, e terás que gardar ben o equilibrio para gañalo xogo e por iso non poderás caer ao chan ¿entendiches?

A continuación, irán entrando máis compañeiros, que xirarán tamén a frecha, e iranse dispoñendo sobor do taboleiro, ata que vaian perdendo o equilibrio e só quede un. Ese será o flamante vencedor se é capaz de contar unha historia de 2 minutos con dez elementos que figuren no taboleiro e nas pezas da museoloxía de San Paio, e non vale repetir, se se repite hai que voltar comezar, por exemplo:





Un día Berta estaba escribindo unha carta no seu bureau, mentres a criada  na lareira, facía o xantar. Ese
             1                                                                  2                           3                  4         
día había sopa de allo e a criada machacaba o allo nun morteiro que din que tamén se chama almirez.
                                                                                          5                                                         6
 De repente, o día escureceu  e non vían nada, polo que encenderon un quinqué. Berta agardaba polo seu
                                                                                                                           7
mozo  e tiña medo de que a súa nai Catalina de Andrade, e o seu pai, Vasco das Seixas non o aceptaran.
8                                                                      9                                             10

Se o neno ou nena que quedou de último, conta unha historia similar a ésta sen perdelo equilibrio, será quen se alce coa victoria.

  Para facilitarlle o neno/a a capacidade para relatar a súa historia dáraselle unha folla con pezas da fortaleza que poderá repasar antes de entrar a xogar, durante o transcurso do xogo non a poderá ler. Un exemplo de folla é o seguinte:

1º RENGLÓN:2 reloxos de pé, un con pintura e outro de péndulo / Unha carroza policromada (que está pintada) /Un armario
2º RENGLÓN: Un escano/ Un bargueño
3º RENGLÓN: Unha artesa/ Un armario policromado con escudo señorial/ Unha cama de dormitorio principal con ropaxes de liño.
4º RENGLÓN: Un moble cofaina/ Unha butaca Don Pedro/ Un berce ou rolo.

Comentarios

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h  ...

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación...