25/03/2010
PRÓXIMO NÚMERO: O pazo das musas, nº 21
PRÓXIMO NÚMERO: O pazo das musas, nº 21
O vindeiro xoves, 25 de marzo de 2010, ás 20.00 horas, vaise desenvolver no Refectorio do Museo Provincial de Lugo o nº 21 da revista oral “O pazo das musas”. Para esta ocasión deseñamos un contido específico, dedicado monograficamente a dar a coñecer o legado de don Álvaro Gil Varela.
Este museo, como moitos outros museos públicos, débelle moito á vontade de filántropos que merecen un recoñecemento tanto da sociedade como das institucións públicas depositarias da súa herdanza. Esta revista oral comeza con este número a facer efectivo ese recoñecemento aos grandes benfeitores do Museo Provincial de Lugo, dedicando este número a divulgar a aportación dun dos seus mecenas máis preclaros: Álvaro Gil Varela.
Agardamos poder contar coa súa presenza neste número no que intervirán, entre outros, Felipe Arias, Enrique Alcorta, Fernando Arribas, Ofelia Carnero, María Quiroga, Mª Rosario Fernández e Aurelia Balseiro. A parte musical estará a cargo da xove solista lucense Ana Mª Martínez.

Comentarios
Publicar un comentario