Nº 8 |
Sábado, 27 de marzo de 2010. Revista oral de periodicidade semestral, editada polo Museo Provincial do Mar (da Rede Museística da Deputación de Lugo). Hora: 19 horas. Lugar: Museo Provincial do Mar, San Cibrao, Cervo (Lugo). Deseño gráfico e animación dixital: tatata. Duración aprox.: 1,30 h. Coordina: Antonio Reigosa.
Follas Novas. Novas Follas é un proxecto de intercomunicación dos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo coa sociedade no que participan profesorado e alumnado de diversos centros escolares, xunto con pais e nais. Un experimento comunicativo que pretende, como grande obxectivo, o achegamento dos máis novos ao marabilloso mundo da lectura.
SUMARIO |
Portada
Tema: A Costa do Navallo (títere de táboa)
Intérprete: Seisdedos (3’)
Follas Novas. Novas follas
Presentación do proxecto (8’)
Música e monicreques
Tema: A danza do Chosco (Jumping-jack)
Intérprete: Seisdedos (3’)
Follas Novas. Novas follas
Un proxecto de intercomunición (8’)
Música e monicreques
Tema: O cura e a criada (Títeres á planchette)
Intérprete: Seisdedos (3’)
Follas Novas. Novas follas
Programa de radio (I) (8’)
Música
Tema: A pita podeira (cántiga)
Intérprete: Seisdedos (3’)
Follas Novas. Novas follas
Programa de radio (II) (8’)
Música e monicreques
Tema: Achegamento a Barriga Verde (Títeres de luva)
Intérprete: Seisdedos (3’)
Follas Novas. Novas follas
Programa de radio (III) (8’)
Música e monicreques
Tema: Bartolo Bartolozzi (Marioneta de fío)
Intérprete: Seisdedos (3’)
Follas Novas. Novas follas
Programa de radio (IV) (8’)
Música
Tema:Rrevolta no galiñeiro (cantiga)
Intérprete: Viravolta (3’)
Opinión
Intervención do público (3’)
Epílogo
Por Encarna Lago, xerente da Rede Museística da Deputación de Lugo (3’)
Contraportada
Tema: O galo Quirico (sobre versión de Bernardino Graña)
Intérprete: Seisdedos (3’)
COLABORAN NESTE NÚMERO
Seisdedos
Marionetas populares. Membros da compañía Viravolta formaron en 1994 a compañía Seisdedos coa intención de montar espectáculos de pequeno formato aptos para representar en rúas, bares, pequenos locais, colexios, bibliotecas, etc. Como marca desta nova compañía sempre está a combinación de técnicas de actor con técnicas dos monicreques. Na actualidade a compañía está formada por Anxo García e Carlos Quintá.
-A Costa do Navallo. Títere de táboa, xoguete popular: O seu uso estivo extendido por toda Europa. Viravolta presénato cunha cantiga recollida en Lalín que supoñemos ten a sua orixe nas obras da estrada Lalín -O Carballiño, aínda que a música semella un tango arxentino.
-A danza do Chosco. .Jumping-jack, (denominación en inglés). Tamén é un xoguete popular, inspirado no moneco que marca o tempo dalgunhas danzas de entrenzado que se conservan en Galiza, concretamente as danzas de Xuvencos (Boborás, Ourense) e Vilanova dos Infantes (Celanova, Ourense)
-O cura e a criada. Títeres á planchette, (denominación en francés). Acompañante habitual de músicos ambulantes. Consérvanse moitos gravados nos que se ve o uso desta marioneta: o músico toca a gaita, guitarra, tamboril, etc e coa perna fai bailar os monecos. Presenatdo con cantigas sobre o cura e a criada tan abundantes no noso folklore.
-A pita podeira. Cantiga para que o público acompañe aos músicos.
-Achegamento a Barriga Verde. Títeres de luva, os de uso máis continuado no teatro popular de case todo o mundo. Presentan a especialidade de cachiporra que era a que usaba Barriga Verde quen foi no século XX o último representante deste tipo de teatro en Galiza. Aprendeu a súa técnica dos mestres fantocheiros portugueses (os Robertos) nos seus teatros de Don Roberto.
-Bartolo Bartolozzi. Versión de Viravolta da marioneta de fío, unha das especialidades máis tradicionais, as marionetas con habilidades circenses.
Comentarios
Publicar un comentario