Ir al contenido principal

26-2-2008 a DEPUTACIÓN DE LUGO APROBA EN PLENO A CREACIÓN DO DEPARTAMENTO DE CAPACIDADES DIFERENTES E ACCESIBILIDADE

HOXE CUMPLE DOUS ANOS O DEPARTAMENTO DE CAPACIDADES DIFERENTES E ACCESIBILIDADE DA REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL
En Decembro de 2007 o dia da discapacidade , grazas a sensibilidade da Área de Cultura da Deputación de Lugo, convocamos unha xornada de traballo"Capacidades Diferentes, Museos sen limites2 na que retomamos todos os temas pendentes, asociación por asociación , no camiño de irmonos preparando para acometer o novo proxecto museográfico sen erros, falabamos de vitrinas de novos montaxes, de soportes adaptados de pintura das paredes, de texturas de chans de iluminacións de todo o que precisa un museo para ser accesible plenamente a todas as persoas. Un museo totalmente inclusivo... Estabamos a celebrar o 75 aniversario do museo baixo o lema ronsel de futuro creíamos nun futuro esperanzador.
  Aquela noite do 2 de decembro de 2007 para amanecer o dia 3 de Decembro día da discapacidade montamos de madrugada a rampa. E dende ese día contamos cunha solución temporal de accesibilidade pola porta principal, unha rampa de madeira e un elevador.Quedaba o reto pendente  para o que se tiña que buscar unha solución allea a nosa institución (dependíamos de outras institucións para poder levar a cabo a rampa definitiva.
Esa mesma xornada 3-12-2007 anunciabamos a nosa intención de crear un novo departamento no organigrama do museo: o Departamento de Accesibilidade e capacidades diferentes. A creación do novo Departamento foi aprobada polo pleno da Deputación o 26 de Febreiro de 2008 .
Fomos o primeiro Museo galego e dos primeiros de todo o estado que conta cun Departamento deste tipo, un departamento que ten como obxectivo preferente prestar unha maior atención á diversidade . Ou o que é o mesmo prestar atención preferente a todos aqueles colectivos que os mercados do traballo, o consumo , a comunciación , o lecer e a cultura se empeñan sempre en deixar á marxe.Pero non para cerarmos un gueto asistencial, senón , pola contra, por considerarmos que as institucións museísticas deben funcionar como un mecanismo propiciador de xusticia e cohesión social.
O que era unha medida transitoria unha rampa de madeira(para un mes) dura o día de hoxe dous anos dous meses e dous días esperando xestións burocráticas pero xa en nada  será sustituída logo de anos de negociacións e de distintos proxectos que involucraban a distintas administracións.
Os colectivos cos que un dia nos comprometemos decirlles que non esquecemos ... que ...seguiremos guerreandoe traballando...
Dentro de poucas datas o Museo de Lugo será accesible arquitectonicamente pola porta principal se fará a rampa definitiva.
Tamén estamos traballando para que  o Museo do Mar sexa accesible arquitectónicamente...
Son pasiños hai tanto que facer na loita !!!!
Creamos un Departamento de Capacidades Diferentes e seguiremos traballando pouco a pouco dando pasos na busqueda da accesibilidade plena de servizos e de ofertas en toda a Rede Museística.
Cumplindo a Declaración Universal dos Dereitos Humanos que establece no artigo 27.1 " Cada persoa ten dereito a participar libremente na vida artistica e cultural da comunidade"

Comentarios

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h  ...

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación...