O MUSEO PROVINCIAL DE LUGO:
UNHA EXPERIENCIA DE XESTIÓN
Cando asumimos a xestión do Museo Provincial, o primeiro que nos propuxemos foi a necesidade de rachar con esa imaxe negativa que teñen os museos para moitos sectores sociais que os ven como unha especie de mausoleos nos que están a resgardo obxectos do pasado. Os Museos teñen a necesidade e a obriga de pasar a ser centros de actividade vivificadora da cultura, asentados e incardinados na sociedade.
Había que darlle “vida” ó Museo e para iso era necesario unha programación ambiciosa que abrise portas e trouxese público ás nosas salas. Pode haber coleccións, poden estar perfectamente conservadas, estudiadas e custodiadas; pero se non hai unha función social, se a sociedade non traspasa a fachada do edificio, o Museo falla no esencial.
Para programar era preciso escoitar as demandas sociais, non só os dictames dos especialistas nin as esixencias das elites culturais. Escoitamos a asociacións, a colectivos de artistas, a centros escolares... e puxemos en marcha unha programación co lema: Un Museo para todos, entre todos.
Un esforzo que se traduciu en centos de actividades e convocatorias e na presenza dun público cada vez máis numeroso, plural e motivado pola diversidade da oferta. Velaí unha breve enumeración das liñas básicas da nosa programación: Programación anual de actividades didácticas e obradoiros; colaboración con outras institucións culturais en proxectos comúns; exposicións temporais de produción propia cunha oferta temática variada e atractiva; organización de coloquios, congresos, xornadas e ciclos de conferencias; presentación de libro; ciclos de cinema; concertos; revista oral; colaboración cos artistas lucenses; exposicións en concellos e centros culturais de toda a provincia; ampla difusión da programación de actividades e das nosas publicacións; creación da Rede Museística da Deputación Provincial de Lugo...
Esa liña de traballo,só trazada parcialmente, permitiu programar en sete anos máis de 2.000 actividades. Non pretendemos presentarnos como modelo de xestión a imitar; cada institución ten un camiño propio e debe atopalo; pero insistimos na importancia de xestionar racionalmente os recursos, e de definir obxectivos que permitan formular programacións e obter resultados positivos.
É necesario crear novas infraestruturas culturais, pero tamén fortalecer as que temos e dotalas de contidos reais. Non serven de nada os grandes contedores culturais se non dispoñen de recursos e equipos con ideas e, sobre todo, se non hai unha programación constante e atractiva que responda ás expectativas da sociedade que é, en definitiva, quen a vai avalar coa súa presenza.
Encarnación Lago González
Xerente do Museo Provincial de Lugo e
da Rede Museística da Deputación Provincial

Comentarios
Publicar un comentario