Obradoiros de transmisión de saberes O domingo 31 de maio, no Pazo de Tor e no Museo Etnográfico de San Paio de Narla impártense dous obradoiros que teñen como obxectivo a transmisión de saberes, de técnicas e coñecementos arredor de dúas actividades tradicionais como a rapa da lá das ovellas e o proceso de cultivo do liño. PAZO DE TOR Obradoiro: A rapa da lá e o tecido. Data: 31 de maio de 2009. Horario: de 12 a 13,30 horas. Mestres: anuel González, Ángeles Rivada, Juan Márquez e Encarna Lago. Prazas: Sen límite Obxectivos: Actividade interxeneracional coa que se pretende seguir o proceso de conversión da lá en tecido, desde a rapa ata o urdido. MUSEO ETNOGRÁFICO DE SAN PAIO DE NARLA Obradoiro: O cultivo do liño no mes de maio Data: 31 de maio de 2009. Horario: de 18 a 19 horas. Mestres: Francisca Abuín, Josefa Penelas e e Encarna lago. Prazas: Sen límite Obxectivos: Actividade interxeneracional coa que se pretende dar a coñecer o proceso produtivo do liño, desde a sementeira e a posterior recolleita ata que se convirte en tecido. En maio sementamos. |
Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo. Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra , por Cándido Pazó Visita guiada 16:00 h: Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ” Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h ...
Comentarios
Publicar un comentario