Ir al contenido principal

CHORLITO NO MUSEO DO MAR

CHORLITO, O PIRATA

Chorlito, era un home feroz, cun gran bandullo, unha pata de pao e un garfo de aceiro en vez de man. Era o terror da “Mariña Lucense”. Tiña o nariz gordo coma unha berenxena. Faltáballe media orella e levaba un parche negro para tapar un ollo de vidro. Era o capitán dun buque pirata chamando “O Salmonete”, temido en todos os mares.

Chorlito e toda a súa tripulación levaban navegando unha semana en busca de Mariña, a filla maior do Marqués de Sargadelos. A moza tiña o rostro tan vermello que asustaba ó mirala, por iso a chamaban “Tomatiña”, pola noite podíanse ver na escuridade o fulgor das súas meixelas.

Ela fora raptada por un pirata inglés e os seus camaradas. Amosaba ser unha personaxe moi misteriosa. Ninguén coñecía o nome nin o pasado deste pirata. O seu alcume era“ Swordfish” que significaba peixe espada xa que tiña fama de arteiro espadachín. Era moi temido no Océano Atlántico xa que sempre saía victorioso de todas as regueifas. Era tan alto, tan alto, e delgado que daba vertixe miralo.

Chorlito estaba namorado de Mariña e tiña que rescatala como fose. O día que zarpou do porto de San Cibrao, non sopraba case vento, “calma chicha”. Chorlito sabía que a tempestade non tardaría moito en chegar xa que vía moitos paiños pola superficie do mar.

Este pequeno paxaro era o único que andaba polo mar cando ía mal tempo, era o sinal do que se aveciñaba.
Cando pasaron a carón dos Farallóns, unhas pequenas illas que están preto da costa, notou un leve besbello no seu oído. Hipnotizáballe ese doce cántico que estaba a escoitar.


Birollo, o vixía, encontrábase no alto dos paus, albiscando ó horizonte.
Entón, viu unha sombra negra que estaba en frente deles:
­­­− ¡Barco á vista!, ou eso creo.­−Berrou Birollo
− ¿En que dirección? −Dixo Chorlito un pouco apampado.
− Encima de nos.
−Non esbardalles, non ves que non é un barco. ¡Animal!
− ¡ Eu que sei!¡É un enorme peixe subido nunha pena! Contestou Birollo.
−Ti estás tolo ¿Como ía subir un peixe a un illote?
−Ti mira ben que logo dis que non me decato.

Chorlito fixouse mellor e viu unha fermosa rapaza de pelo loiro que tiña unha relucente cola de peixe.
¡Non pode ser!−pensou.−Era unha serea. ¡Non eran imaxinacións o que contaba a xente! De feito existía, xa que a tiña diante.

A serea facíalle xestos coa man para que se achegara ó seu carón, mentres cantaba unha agradable melodía.
−Hai que afastarse. Vainos afundir −dixo Birollo

Chorlito voltou en si e lembrou a “Tomatiña” e o seu detestado adversario “Swordfish”. Enoxado emprendeu a viaxe en busca de “Tomatiña”.

De súpeto, todo o ceo tornouse escuro, un vento forte e frío comezou a soprar e non tardaría moito en chegar a chuvia.
− ¡Preparádevos para a treboada!. ¡Amarrade todo ben na cuberta!
Despois dunha dura noite, loitando por sobrevivir “ós pantocazos”que sufría o barco, amañeceu e chegou a calma.
Pasaron unhas cantas horas e por fin divisaron o barco do seu inimigo.

Os mariñeiros izaron a bandeira negra pirata e puxéronse na cuberta cos canóns preparados para a batalla.

Chorlito vía dende a ponte de mando a “Tomatiña” atada ó pau maior do Curricán, o barco de “Swordfish”. Sentíase alporizado e da súa boca saía escuma de rabia ó ver a súa namorada.





Os canóns de ámbolos dous barcos comezaron a loita. As balas ían de acá para alá. Nas cubertas dos navíos só se oía
¡Lume! ¡Lume!



−Patáns, atinade ben. −Dixo Chorlito
−Levantade os garfos e pelexade ata morrer. ¡Á Abordaxe! −berrou á súa tripulación inquedo pola proximidade do Curricán

Botaron uns cabos e uniron os costados das embarcacións. A loita comezou na cuberta do Curricán. Só se vían golpes e mariñeiros arrolados polo chan.

Chorlito viu de súpeto unha gran sombra detrás del. Tiña a “Swordfish” ás súas costas. Revirouse e fitáronse cara a cara.

Chorlito era moi patoso, e un calamidade como espadachín. Non tiña remedio. A súa fama de intrépido pirata gañaraa xa que era o único na Costa Lucense. Todos o coñecían polos seus despistes e polo seu aparvamento.

Visto o visto, era de supor que o terror dos Mares do Norte esnaquizárao. ¡Pero non! Chorlito non se manexaba tan mal coa espada.

Pero nun descoido, coma sempre, tivo mala sorte e esbarrou cunha madeira saínte, caeu ó chan oíndose un forte estrondo. Coa cara magullada polo golpe, sentíase dorido e sen forzas. Xa non era un mozo para tanta actividade.

Viu que “Swordfish” se dispoñía a cravarlle a súa espada, mentres oía ao fondo berrar coma unha tola a “Tomatiña”: ¡Date presa, esperta xa!

Chorlito abriu o único ollo que lle quedaba, pero non podía erguerse porque as súas pernas non paraban de tremar. De súpeto, arrolou uns metros polo chan e recolleu a súa espada que perdera ó caer. Apoiouse nela para levantarse. Como non tiña moito equilibrio foi a tombos coma un tonel de viño que roda sen control. Golpeou a “Swordfish” nos xeonllos e tirouno pola borda. Chorlito quedou pampo, vía dobre e non sabía o que acontecera.

Durante a regueifa “Tomatiña” chea de carraxe, comenzou a desamarrar os cabos que a ataba.

Chorlito sorprendeuse ó ver que a súa namorada liberárase soa:
−”Tomatiña”, ¿Estás ben? ¿Fixéronche algo?
− Estou ben, pero se agardo por ti morro atada ó pao,
− Perdoame, nunca máis te deixarei soa. Regresemos ó fogar a descansar.

Polo que O Salmonete izou as súas velas e tornou ó porto de San Cibrao, de onde partiran.

Cun magnífico tempo chegou O Salmonete ás proximidades da costa. Cando navegaban ó carón dos Farallóns lembrou á serea, pero agora xa non estaba alí. Seica fora unha imaxinación súa, aínda que a lenda sempre existiu.

No porto de San Ciprián había moreas de xente cantando e bailando agardando por Chorlito e Mariña. O Marqués de Sargadelos esperaba impaciente a súa querida filla. Preparou un gran festín convindando a toda a xente da vila a comer na súa mellor louza.

Cando O Salmonete atracou no peirao o Marqués subiu á cuberta e botouse nos brazos da súa filla, chorando de ledicia.

− ¡Acouga, estou ben!. Estaba desexando pisar terra. −dixo sorrindo “Tomatiña”.
O Marqués abrazou a Chorlito e díxolle:
− Sodes todo un cabaleiro ¿Queres casar cá miña filla?
− ¡Se ela quere eu acepto compracido!
− Pois non mo digas a min, préguntallo a Mariña.
Chorlito achegouse e dixo con voz tímida:
− ¿Queres casar comigo?
−Pois,…. pois claro que quero.
“Tomatiña” esvaeceuse pola emoción nós brazos de Chorlito.
E así foi como Chorlito afastouse dos mares, vendo o seu desexo cumprido: vivir feliz con”Tomatiña”.

Comentarios

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h  ...

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación...