Ir al contenido principal

Ronsel de Futuro-75 aniversario del Museo Provincial de Lugo

75 aniversario do Museo Provincial: Un Ronsel de futuro

Hai unha fermosa palabra no noso idioma que é ronsel. O ronsel é o rastro de escuma que deixan sobre as augas as embarcacións cando navegan. Esta palabra foi adquirindo outras connotacións: ronsel , en senso figurado, pódese usar no noso idioma como sinónimo de pegada, rastro, vestixio...
Cando procurabamos un lema para a celebración do 75 aniversario do Museo Provincial, quixemos atopar unha frase que sintetizase a idea do pasado ( este Museo xa ten uns anos e unha perspectiva histórica) coa idea de proxección cara o futuro. E pensamos que “un ronsel de futuro”, representa acaidamente esas dúas visións: o pasado e o futuro.
O lema ronsel de futuro sérvenos para definir a idea que temos sobre o papel que o Museo debe cumprir no seo da sociedade que contribuíu a crealo e que o sostén. Por un lado temos a obriga de garantir a conservación e a exposición dos vestixios do pasado que aquí se foron reunindo co traballo, o esforzo e a contribución de varias xeracións. Por outro banda se queremos ser unha institución asentada no presente e cunha idea de futuro non podemos descoidar a nosa proxección social, temos que ter sobre todo en conta o noso traballo de cara a sociedade. Temos que devolver á sociedade o legado que a mesma sociedade nos transmitiu e poñelo nun lugar visible.
Para representar o pasado e ao mesmo tempo ter unha visión de futuro, debemos se capaces de abrir as portas do Museo e facer del un lugar de participación que reflicta as inquedanzas do conxunto da sociedade, que ofreza alternativas culturais e a un tempo sexa quen de recoller as propostas dos sectores culturais máis dinámicos.
Se queremos manter un Museo para a xente temos que asentar nos piares do pasado, no noso rico patrimonio histórico artístico, na nosa historia, as nosas propostas de futuro.Se queremos ser unha institución viva debemos seguir poñendo en valor que este é un museo para as persoas, debemos coidar o lado humano do museo para que este non se converta nun mausoleo, nun conxunto de pezas inertes.
No programa que levamos adiante para a celebración do 75 aniversario do Museo esa foi a nosa filosofía e a nosa liña de traballo. Nos actos que organizamos, nas publicacións que estivemos a facer e que preparamos para este ano de conmemoración como imaxe xogamos moito coas caras, coas olladas, para rematar cas mans querendo que o lado humano prevaleza sobre outros aspectos; porque somos conscientes de que o futuro dunha institución coma a nosa, que ten vocación de cumprir moitos máis anos que setenta e cinco, depende en grande medida do apoio de todos vós, dos que seguides as nosas actividades, de todas as persoas que temos que atraer para que nos axuden día a día a camiñar…


Gracias a todos os que nos axudastes a celebralo e para o 2009, un ronsel de futuro.
Encarna Lago González
Xerente da Rede Museística Provincial

Comentarios

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h  ...

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación...