Ir al contenido principal

conto do Museo do Mar de San Cibrao-Liberar a Maruxaina

Liberar á Maruxaina

Rimmmmmmmm!!!!!! Toño salta da cama coma si oíse ó demo. -¡ maldita sexa a hora en que me regalaron este chisme!, ¡ mala chispa o confunda!. Era luns, o peor día da semana para Toño.

Coma tódalas mañás meteuse na ducha, preparou o que él chamaba o "superalmorzo" : froitas de tempada e un tazón de leite con sopas de pan. -Malia todo non é tan malo madrugar- pensou. Puxo a roupa de faenar, colleu o cebo e mailos aparellos para pescar e saíu da casa.

De camiño ó peirao, onde o esperaba a súa lanchiña querida, a "Carme", coma él lle chamaba. Deulle os vos días a Pepe o da ferretería, a Maruxa, que ía cara ó seu restaurante ca caixa do peixe, e a Pili que colocaba os xornales dentro do quiosco.

Xa no peirao montou na súa "Carme" e partíu rumbo a onde o ceo se xunta co mar. Este era para él o mellor momento do día, ir cara ó horizonte, cos primeiros raios do sol despuntando e o vento do norte pegándolle na faciana. Parou o motor, colleu a caña e baixouse para coller o cebo, cando se dispoñía a meter o cebo no anzol quedouse sen respiración, -¡o demo me coma!, ¡esto é un soño!- pegábase palmadiñas na faciana, restregaba os ollos- ¡ay meu deus!, á miña idade e xa tou mal da testa, será o almeider ou o alzeimer ou coma rayos se diga, xa mo dicía Maruxa, non bebas tanto Toño que vas queimar todas a nebulonas ou neuronas, ¡eu que sei!. E mira coma estou que estou vendo vir cara a mín nin máis nin menos que á Maruxaina, ¡tan bonitiña ela!, tan feitiña coma dín os vellos contos. Aínda non acabara o seu discurso e xa tiña á Maruxaina enfronte del, non saía do seu asombro, mesmo pensou que ía deixar de respirar, que ía morrer afogado ou dun ataque ó carazón.
-¡Toño, Toño........!- susurrou a Maruxaina.
-¡Ay miña mamaiña!, e sabe o meu nome, esto é incrible, cando llo conte os veciños non mo van crer, esto só se lle pode contar ós nenos.
-¡Toño, non é un soño!, son eu, a Maruxaina, a que vive na cova de Xan Vello.....alá nos Farallóns.......entre percebes e mexillóns que nos días de temporal sóbese ó alto da Sombríza, berrando e tocando o corno para avisar ós mariñeiros cando hai temporal.
-Ben, eso de que gardas de nos......non sei que che diga, hai quen pensa que berras e tocas o corno para enganarnos e levarnos ó naufraxio, ¿que tes que dicir diso?.
-Eu dígoche que é para avisarvos do perigo, pero a lenda éche así, e é millor manter a dúbida, pois doutro xeito non habería festa.
-Escoita toño, e escoita ben, a bruxa da neboa, a que tapa o sol para que os nenos nos poidan ir á praia, esa condenada botoume un feitizo, e si antes das 12 desta mesma noite non consegues que un grupo de nenos, de idades entre os 9 e os 13 anos reunan os ingredientes da pocima que rompa o feitizo, quedarei encadeada para sempre baixo as augas e nunca xamais poderemos festexar A Maruxaina en San Cibrao- .
-¡Eso si que é grave!, ¿que imos facer nós sin a festa da Maruxaina?. Voute axudar, aínda que me chamen tolo vouno intentar.
-Tesche que dar moita présa Toño, recorda que antes das 12 tedes que ter: …………….. para facer a pocima, unha vez feita tedes que dicir a palabra máxica... todos ó mesmo tempo, e entón o feitizo romperase. Se o conseguides teredes un premio.
-¡Un premio!, eso soa ben, ¿e que premio é?.
- Non cho poido dicir Toño, xa o verás. Torna a terra e busca a Silvia, Amelia e Cristina no Museo do Mar, contalles a historia e dilles que collan unha caracola, ela diralles as probas que teñen que facer os nenos para preparar a pócima e maila palabra máxica. Despois de feita a pócima e mentres a remexedes, tedes que recitar a palabra máxica todos ó mesmo tempo, eso é importantísimo, todos ó mesmo tempo. Despois volvede a escoitar a caracola e ela diravos si se rompeu o feitizo e onde atopar o premio.
-Moi ben miña rula, así o farei.
- Sorte Toño, quedo nas túas mans e nas deses rapaces.
Toño encendeu o motor e colleu rumbo a terra.

Comentarios

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h  ...

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación...