Ir al contenido principal

Adeus Abertal

Aproveito para facer unhas reflexións sobre o proxecto Abertal e destaco o nivel e calidade de todos os que fostes seleccionados para formar parte do mesmo, podería falar de moitos críticos que valoraron e se sorprenderon co proxecto por destacar algún serva de exemplo: D.Antonio Bonet Correa recén nomeado presidente da Academia de Belas Artes de San Fernando o día 24 de abril do 2008 fixo unhas declaracións a distintos medios de comunicación falando do nivel da mostra e entre outras cousas todas positivas dixo:
"el nivel de Abertal tomado en conjunto es medio-alto"
Cando lle preguntan que opina da exposición de 99 artistas lucenses declara:
"Lugo tiene una cantidad de artistas de primer orden y se ve que hay una gran creatividad en esta provincia."
A pregunta que lle fai un xornalista sobre si hay algunha característica común en Abertal declara:
"La característica es la modernidad, el afán de crear formas nuevas,
hay una gran variedad de expresiones que van desde lo figurativo hasta lo más abstracto".

Como responsable de Abertal, síntome moi orgullosa,tanto de poder contar contigo e coa túa obra para o mesmo, como que xuntos poideramos ver cumpridos algún dos sonos e obxectivos que nos marcáramos para ese espazo fai anos.


Esta non é unha clausura ao uso e penso que se lle debe dar o valor histórico que ten. Porque dende agora grazas a esta mostra tan nosa xa non hai necesidade de abrir portas nin de pechalas, non é preciso cortar fitas porque estamos xa nun terreo aberto e comunal, un eido sen chantos nin valados, un lugar sen lindeiros. Isto foi o PROXECTO ABERTAL: unha agra aberta disposta para o traballo libre e colectivo, un punto de saída do que abrollan camiños para a creación e para o goce do que foi creado, un proxecto de futuro nun século que está botando a andar.

Contigo, cos teus compañeiros,todos xuntos coa: ARTE LUCENSE DO SÉCULO XXI: PROXECTO ABERTAL: vivimos un momento histórico de gran transcendencia: onde os froitos foron a culminación da recuperación real e tamén simbólica dun territorio que estivo acoutado
para un proxecto unipersoal e que decidimos transformar nun proxecto social e comunitario. Un espazo que pasou a representar e a acoller a inquedanza creativa dun colectivo numeroso e plural: o voso. PROXECTO ABERTAL como cada un de vós, foi un luxo para a nosa provincia, unha mostra do rico e variado mundo que estades a crear, esta iniciativa que se caracterizaba por ser interxeracional e multidisciplinar, por acoller a artistas consagrados e a outros que comezan o seu camiño cunha sólida formación e con proxectos que procuran un asentamento foi o mellor proxecto plástico que se lembra na historia de Lugo.

99 obras e detrás 99 artistas: Aquí estiveron as vosas pinturas, as vosas fotografías, instalacións, esculturas, videoinstalacións, etc. Moitas delas pensadas por vós para este proxecto. Quixemos con el amosar a Lugo e ao mundo o momento actual da creación plástica lucense como antes o fixeramos con Ars Moenia en Romanía, Italia, Bruxelas, Chile, México ou en outros museos do Estado Español.

Acolleuvos con orgullo este Museo Provincial de Lugo con 75 anos de historia, que ten vocación e conciencia de ser un espazo dinamizador
da cultura e que debe tender a converterse nunha referencia nese sentido.
Queríamos crear espazos para a apertura, para a crítica, para a dialéctica que permitiran coñecer e avanzar, queríamos espazos sen reticencias e sen barreiras, estabamos abertos as propostas artísticas máis heteroxéneas e arriscadas queríamos aprender de todos vos
e foi tanto o conseguido...

Debo pedir desculpas e esa miguiña de comprensión, que sempre tivestes comigo, por todos os fallos que houbo. Foi unha montaxe complexa, que grazas ó esforzo de todos resultou unha gran experiencia para todos os que traballamos nela. Debemos asumir que este
Museo non é un centro de arte contemporánea, que pola súa historia e a súa configuración actual debeu atender a outros eidos e a outras funcións; polo menos mentres non houbera outro deseño das necesidades de modificar a estrutura museográficas da cidade,
das comarcas e da provincia. Nós asumimos esa reflexión con conciencia e compromiso, a arte contemporánea e, especialmente a producida polos artistas lucenses, debe ter aquí sempre un territorio e unha presenza consonte coa importancia do que hoxe se esta
a facer nas vosas “factorías creativas”.

E só me queda reafirmar o compromiso de traballo con cada un de vos, xa sabedes debemos seguir o camiño que... trazamos e asumimos neste eido comunal abrindo entre todos canles para arte e camiños para a comunicación.

Moitas grazas, por todo o que me aportas e axudas dende sempre e por ser unha fonte contaxiadora desas microutopías que me fan andar. Xa sabes como di Eduardo Galeano na súa definición de utopía:
“Ella está en el horizonte me acerco dos pasos,ella se aleja dos
pasos. Camino diez pasos y el horizonte se corre diez pasos más alla.Por mucho que yo camine nunca la alcanzaré. ¿Para qué sirve la
utopía? Para eso sirve: para caminar”
Nese noso camiño da creatividade espero atoparte sempre.
Bicos
Encarna Lago

Comentarios

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h  ...

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación...