Seminario MUSEOS, ETNOGRAFÍA E ANTROPOLOXÍA Santiago de Compostela, 28, 29 e 30 setembro 2017 1 O Museo do Pobo Galego, ao cumprirse o 40º aniversario da súa apertura ao público, convoca á celebración, no mes de setembro de 2017, dun Seminario dedicado ao tema dos museos etnográficos e antropolóxicos e a súa situación actual en Galicia. Obxectivos ▪ Reflexionar sobre o patrimonio de interese etnoantropolóxico en xeral e especialmente en relación ao ámbito galego. ▪ Analizar as relacións e as percepcións da sociedade común e das administracións en relación ó patrimonio etnoantropolóxico. ▪ Establecer un moi necesario debate sobre os chamados ‘patrimonio material’ e ‘patrimonio inmaterial’, e súa correlación coas normais legais e administrativas (en particular a nova Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural) e, sobre todo, coa verdadeira realidade patrimonial. ▪ Analizar os problemas e perspectivas actuais dos museos, coleccións, ecomuseos, recoñecidos ou non oficialmente, incluíndo p