O son da historia de Lugo arredor dun café , con Paco Nieto   O luns, 17 de marzo, ás 17:00 h. na Sala de Exposicións Pazo de San Marcos (sede da Deputación) temos unha cita con  Paco Nieto , xornalista de Radio Lugo e unha das voces máis coñecidas da radio local. “ O son da historia de Lugo arredor dun café ” é unha charla ilustrada con documentos sonoros, conducida pola xerente,  Encarna Lago , na que as voces de homes e mulleres lucenses, ou vencellados a Lugo por distintos motivos, volven á vida.  Luis Pimentel , Ricardo Carballo Calero ,  Castelao ,  José Trapero Pardo ,  Álvaro Cunqueiro ,  Ramón Piñeiro ,  Ánxel Fole  ou  Maruja Mallo serán algunhas desas voces da memoria recuperadas por  Paco Nieto  e que poderemos escoitar nesta conferencia sonora, que se enmarca como actividade complementaria da exposición  “Olladas de muller sobre a Guía Postal de Lugo de Maruja Mallo”  . A entrada é libre e gratuíta.    ...