3 de decembro foi declarado pola UNESCO Día Internacional das Persoas con Discapacidade en 1992. Os museos da Rede da Deputación (Museo Provincial de Lugo, Museo Provincial do Mar, en San Cibrao, Museo Etnográfico San Paio de Narla, en Friol, e Pazo de Tor, en Monforte), a través do Departamento de Accesibilidade e Capacidades, programan unha serie de actos e actividades cos que se pretende concienciar e fomentar na sociedade a integración das persoas que por moi diversas razóns precisan dunha discriminación en positivo. …ler máis VISITAS GUIADAS TELEFÓNICAS: Oídos que venEste sábado poderá acceder nos catro museos da Rede da Deputación (Museo Provincial de Lugo, Museo Provincial do Mar, en San Cibrao, Museo Etnográfico San Paio de Narla, en Friol, e Pazo de Tor, en Monforte) a visitas guiadas telefónicas para todos aqueles usuarios con discapacidade que non poidan acudir. É imprescindible a concertación previa mediante chamada teléfónica ao museo que desexe visitar.PROXECCIÓNS SOBRE D...